O Foro Cívico comparte a necesidade de controlar os fluxos turísticos en Santiago
06/05/2024 A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada da tenente de alcaldesa María Rozas e do concelleiro de Urbanismo Iago Lestegás, mantiveron unha xuntanza co Foro Cívico para analizar temas cruciais para a cidade. En declaracións aos medios ao remate do encontro, que cualificou de «satisfactorio» afirmou concordar «coa liña e coa defensa que fai o Foro Cívico deles para o desenvolvemento da cidade».



