ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolíticaTurismo

O edil socialista Sindo Guinarte critica a «falta de planificación» do bipartito na regulación turística

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de abril de 2024 a las 14:23

Compartir

 

 

  • Lembra que durante o mandato socialista acordouse coa Asociación de Guías Turísticos e coa Praza de Abastos limitar o número de excursionistas para non interromper o seu funcionamento
  • “Unha cousa é acordar o límite máximo dos grupos con guía turística, como xa se fixo, e outra querer limitar os grupos de peregrinos que entran pola rúa de San Pedro ou Conxo” insiste.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024. De unha “intención pouco traballada”, así cualificou este mércores o concelleiro Sindo Guinarte o anuncio feito polo goberno local que asegura estar traballando en limitar a circulación de grupos de persoas no espazo público. O edil socialista criticou que se faga pública esta cuestión sen traballala previamente, máis ao tratarse dun tema “sensible”.

Guinarte cuestiona que desde o bipartito se mesturen conceptos, xa que “unha cousa é acordar o límite máximo dos grupos con guía turística e outra querer limitar os grupos de peregrinos que entran pola rúa de San Pedro ou Conxo”. Explica o edil socialista que este segundo é o punto máis conflitivo e, tamén, o máis difícil de abordar; e lembra ademais que desde o goberno socialista de Sánchez Bugallo xa se acordara coa xerencia da Praza de Abastos e coa Asociación de Guías Turísticos “limitar nalgúns ámbitos, na praza especificamente, o número de persoas por grupo para non interromper o funcionamento normal”.

Neste sentido é no que camiña tamén a proposta de Donosti na que se aferra o executivo de Sanmartín no anuncio desta intención, como así mesmo a cualificaba a propia edil de Turismo, Míriam Louzao o pasado martes.

“Vai haber un policía seguindo os grupos de excursionistas?”

Sindo Guinarte pregúntase pola aplicación real da intención anunciada de Sanmartín e Louzao, toda vez que “non deixan claro se o que queren limitar son os grupos con guía ou os grupos espontáneos”. O edil socialista pregúntase, de querer limitar os grupos de persoas excursionistas que van por libre, como teñen previsto facelo: “como evitamos que estean xuntos? Obrigámolos a separarse? Vai haber un policía seguindo aos grupos de excursionistas para evitar que se formen grupos?”

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“O que non se pode facer é gobernar a capital de Galicia a golpe de titular” sanciona Guinarte que reclámalle ao goberno local “claridade e seriedade” á hora de abordar a estratexia turística que, lembra, “segue as liñas do anterior goberno procurando unha maior sustentabilidade e potenciando a desestacionalización”.

Etiquetas

compostelapsoeradio lider santiagosantiagoturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock