ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DeportesDestacado

VIDEO | O Concello entrega os VII Premios Santiago Deporte

O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde a gala de entrega dos VII Premios Santiago Deporte na que se fixo entrega dos galardóns nas 12 categorías desta edición, cos que o Concello busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2023/24 ou no ano 2023 contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela.

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de marzo de 2025 a las 22:45

Compartir

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025.- A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu a gala dos VII Premios Santiago Deporte que tivo lugar no Auditorio de Galicia a partir das 20 horas, e que tamén contou coa presenza da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e varios membros da Corporación municipal. O evento foi presentado por Pablo Ríos.

Pilar Lueiro abriu o evento dando a benvida ás persoas asistentes e parabenizando as/os gañadores/as, “mais tamén as que quedaron ás portas”. A edila salientou que “o deporte é do mellor que temos no noso concello, non só polo número de persoas implicadas, desde xogadoras e xogadores, directivas, familias, traballadoras e traballadores, afección… tamén polos valores que representa e polo tipo de vida e sociedade que queremos ter”. “Nun mundo onde cada vez é máis difícil atopar lugares de interacción entre iguais, onde desenvolver o sentimento de pertenza que todas e todos necesitamos ter, o deporte convértese nun lugar seguro onde fomentar, tamén, hábitos de vida saudables”, engadiu.

Pilar Lueiro tamén se dirixiu aos/ás galardoados/as para transmitirlles que “Compostela sábese afortunada por contar con tantas persoas e entidades que promoven a actividade físico-deportiva e hábitos sans, grazas a unha implicación, moitas veces desinteresada, que non en poucas ocasións pasa desapercibida”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, foi a encargada de pechar a gala, parabenizando unha por unha todas estas “persoas magníficas, claras merecedoras deste recoñecemento que lles concedemos e activos indispensábeis nesta tarefa común que temos todas nós, desde as administracións ás entidades e ás deportistas, de implicármonos para construír esa Compostela máis xusta, máis igualitaria, máis orgullosa”. Tamén recordou que “o deporte é aprendizaxe, esforzo, solidariedade, apoio, disciplina, afouteza, perseveranza, compañeirismo, referencialidade, comunidade, decisión, visión de conxunto e implicación”.

A rexedora destacou dous fitos acadados polos Premios do Deporte: “a primeira, recoñecermos persoas e entidades que nos axudan a facer de Compostela un concello mellor promovendo a saúde, a participación cidadá, a creación de redes de apoio social e dinamizando os barrios e parroquias. A segunda, celebrar o vivo e forte que está o tecido deportivo do noso concello, que goza dunha boísima saúde e que non deixa de darnos motivos para sentirnos orgullosas, colectivamente, de todo o que conseguimos”.

Premiados/as

No apartado de deportista feminina categoría base, a gañadora foi a ciclista do Club Baqué, Alejandra Neira Domínguez. O galardón ao mellor deportista masculino, tamén categoría base, recaeu no ximnasta Iván Gutiérrez Mosquera, do club Ximnasia Rítmica Compostela. En categoría absoluta, a mellor deportista feminina foi a atleta Esther Pedrosa, mentres que en categoría masculina se alza¡ou co recoñecemento p xogador compostelán de fútbol Borja Iglesias, actualmente no Real Club Celta de Vigo. En canto ao deporte adaptado, Emilio Agüera Vozmediano, atleta de triatlón do Club Santiago Inforhouse acadou o recoñecemento do xurado.

A entidade deportiva máis destacada desta edición foi o Hockey Club Raxoi, «polos éxitos acadados na tempada 23/24, incluíndo o ascenso do equipo feminino á máxima categoría», mentres que a entidade educativa galardoada foi San José de Cluny, polo traballo dos seus equipos de baloncesto. O recoñecemento ao patrocinio deportivo recaeu este ano en Limpiezas Salgado. Tamén se premiou a ADB Fontiñas como promotora da mellor actividade ou acción social polo seu traballo cos mozos de Mali e Senegal refuxiados en Santiago.

O galardón ao/á adestrador/a máis destacado/a recibiuno María Fernández Cañabate, polo seu traballo no club Ximnasia Rítmica Compostela, e tamén se recoñeceu o labor da árbitra de baloncesto, Judith Trasancos Blanco.

O premio honorífico desta edición á traxectoria deportiva foi para Enrique Fernández Otero “Quico”, «pola súa implicación co fútbol e co seu barrio de Conxo». Ademais, acordáronse dúas mencións especiais: a Andrés Viqueira Pérez, presidente do Club Atlético Fátima,e un recoñecemento a título póstumo a José María Caneda, expresidente da SD Compostela. Tamén se lle dedicou, un ano máis, un agradecemento á Policía Local e Protección Civil, polo seu papel nos eventos deportivos.

Comité avaliador

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para o outorgamento destes premios constituíuse un comité avaliador, presidido pola concelleira de Deportes; e formado por un membro de cada un dos grupos políticos municipais; unha persoa en representación da Deputación da Coruña, outra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e outra da USC, así como unha persoa representante de cada un dos medios de comunicación con sede local en Santiago.

Etiquetas

composteladeportesgalaPremios
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española