ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

Música, teatro, contos, xogos e moito máis nunha nova edición da Festa do Apego

 

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de diciembre de 2023 a las 20:46

Compartir

 

 

20/12/2023.- O sábado 23 de decembro, o Auditorio de Galicia acollerá unha nova edición da Festa do Apego, unha feira de contos, música, xogos, información e propostas na que nenas e nenos poderán gozar e socializar en galego durante todo o día. Entre as principais propostas, a mostra de recursos para experimentar, os xogos de Paporrubio e de Brazolinda ou a imprenta tipográfica, así como unha ampla programa de espectáculos musicais e escénicos que pechará co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona. O programa Apego tamén ofrecerá actividades para a cativada os xoves 21 e 28 de decembro na praza Roxa.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada de Marta Besada, técnica do Departamento de Lingua, presentou esta mañá a programación da Festa do Apego, que se desenvolverá este sábado 23 de decembro entre as 12 e as 20 horas e que inclúe actividades continuadas e simultáneas e propostas relacionadas co xogo, a creatividade manual, a danza e o movemento, a literatura, a música, as artes escénicas e o audiovisual.

Goretti Sanmartín fixo un chamamento aos nenos, nenas e ás súas familias a achegarse este sábado ao Auditorio de Galicia para «socializar, co galego como ferramenta e coa música, os contos, o xogo, a danza, o teatro, a maxia e os recursos como experiencias enriquecedoras» con «entrada é aberta e de balde ata completar a capacidade en cada actividade».

Entre as propostas, a rexedora salientou «os xogos de mesa de Brazolinda, un expositor de recursos para a igualdade, a Iniciativa Xabarín da Mesa pola Normalización Lingüística, oferta de libros e música cun expositor de venda da Libraría Couceiro, os xogos Paporrubio tradicionais para todas as familias, un obradoiro de imprenta tipográfica de Alouette Machine e outro obradoiro chamado ‘Argallando desexos’, de Miudiño».

Música e teatro

Xa no apartado de espectáculos escénicos e musicais, o público terá a ocasión de ver «Triscus Beliscus», de Rilo e Penadique; o conto «Carapuchiña e os cinco lobiños», de Ángeles Goás; o espectáculo «Na Casa», de Caramuxo Teatro; un obradoiro de baile tradicional, da man de Artur Puga; a presentación do conto «A nena e os tres osos», de Bea Campos; un espectáculo de maxia «Degustación de imposibles», de Joshua Kennet; o conto «Corochas», de Atenea García; e un concerto de «Uxía Lambona e a Banda Molona», que fará as delicias do público familiar.

Carpa Roxa

No marco do programa ‘Compostela, a Estrela do Nadal’, o programa Apego tamén ofrecerá varias propostas na praza Roxa. O xoves 21 de decembro ás 17 h Tarabela Teatro presentará a sñua función «Sabela e o paxaro máxico», e a continuación o Obradoiro para fabricar a caixa do mago malvado, ás 18 h.

O xoves 28 de decembro ás 17 h será a quenda do espectáculo «Cores, contos e rock’n roll coa Ramona pequena», de Pakolas; e despois ás 18 h será o Obradoiro para fabricar o tamboril.

Programa Apego

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O programa Apego é un proxecto cooperativo desenvolvido polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago con información e actividades para promover e apoiar o uso do galego na socialización da primeira infancia, co obxectivo de crear redes e comunidade de familias con empatía e autoestima arredor da lingua.

Etiquetas

culturafesta do apegoociosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo
Destacado

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo