ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Muíños reclámalle ao novo goberno galego “compromiso” con Santiago

 

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de abril de 2024 a las 20:52

Gonzalo Muíños xunto a Álvaro Veiga nos estudios de Radio Líder Santiago (arquivo)

Compartir

 

 

Deséxalle “acertos” ao presidente Rueda porque “serán os de todos os galegos e galegas” pero recalca a “lista de pendentes” da cidade coa administración autonómica

O portavoz dos socialistas marca como prioridades construción de vivenda pública, a ampliación do solo industrial, o aparcadoiro do Clínico e a habilitación para implantar a taxa turística

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024.- Que o “pequeno cambio de caras” no goberno galego traia consigo un cambio “na xestión”, é o que agarda o grupo socialista da nova Xunta de Galicia trala xura dos seus conselleiros e conselleiras. Así o explicaba Gonzalo Muíños este luns, destacando os asuntos pendentes da administración autonómica con Santiago: “levamos máis de unha década na lista de espera das prioridades da Xunta do Partido Popular”, denuncia.

Muíños, que lle desexa “acertos” ao presidente Rueda, “porque serán os de todos os galegos e galegas”, reclamoulle ao seu executivo “compromiso con Santiago”. Neste sentido, enumerou a lista de débedas do goberno galego coa cidade que van desde a construción de vivenda baleira ata o incremento da aportación autonómica ao Servizo de Axuda no Fogar que, denuncia, “é un servizo que se segue prestando porque é o Concello o que está asumindo o sobrecusto”.

En materia de sanidade, amosa a súa preocupación pola situación das urxencias do Hospital Clínico, que rexistran colapsos de forma constante. Tamén a mobilidade no seu entorno debera estar entre as prioridades da Xunta segundo o portavoz dos socialistas, xa que, insiste, o aparcadoiro do CHUS “é unha débeda que xa comeza a ser histórica”.

Vivenda pública e máis solo industrial

Muíños tamén reclamou da Xunta de Alfonso Rueda un compromiso “real” coas políticas de vivenda, algo que, denuncia, “non existiu nos gobernos de Feijóo”. Explica que desde o 2009 non se construíu ningunha vivenda de promoción pública na cidade, salvo as que levan en obras máis de tres anos sen avances no Castiñeiriño.

“Ademais urxe a declaración da nosa cidade como zona residencial tensionado para poder limitar o prezo dos alugueiros” recalca o portavoz dos socialistas lembrando que se trata dun acordo plenario da Corporación Municipal do mes de xaneiro a proposta do PSdeG: “o goberno local terá que facer os seus deberes, pero a Xunta o que tampouco pode facer é por paus nas rodas”.

Outra das prioridades que marcan os socialistas é a ampliación do solo industrial de Santiago, insistindo en que a Xunta, a través de XESTUR, debe impulsar o desenvolvemento do polígono sito ao carón do da Sionlla, que actualmente se atopa en tramitación.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A aportación ao Consorcio para impulsar polí7cas de conservación do patrimonio ou axudas á rehabilitación, así como á Capitalidade completan unha “lista de pendentes” do goberno galego con Santiago, que os socialistas poñen enriba da mesa do novo executivo de Alfonso Rueda.

Etiquetas

compostelagaliciapoliticapsoeradio lider santiagosantiagoxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo