ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y Cultura

Montse Fajardo conversa sobre a súa obra ‘Invisibles’ coa veciñanza de Padrón

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de noviembre de 2023 a las 18:51

Compartir
  • O encontro, impulsado pola Oficina Municipal de Voluntariado e pola Biblioteca, forma parte dos actos previstos co gallo do 25N
  • Preto de 30 persoas reuníronse para coñecer como se xestou esta obra, que xa é un referente no tratamento da violencia machista
  • A concelleira de Igualdade e Muller Mariló Saco Vigo participou na xuntanza

Padrón. 21-11-2023.- O Concello de Padrón leva a cabo estes días diferentes actos co gallo da conmemoración este sábado, 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Entre as propostas incluídas no programa, a Oficina Municipal de Voluntariado e a Biblioteca impulsaron o pasado venres día 17 un encontro dos clubs de lectura municipais coa escritora Montse Fajardo para comentar a súa obra Invisibles.

Preto de 30 persoas reuníronse arredor dun Café-conversa para coñecer como se xestou esta obra, que xa é un referente no tratamento da violencia de xénero non só por poñer foco sobre as mulleres "invisibilizadas", senón tamén sobre os maltratadores e as consecuencias expansivas no ámbito familiar e social.

Mariló Saco Vigo, concelleira de Igualdade e Muller e de Xuventude e Voluntariado, participou neste encontro xunto ao persoal técnico do Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria e ás técnicas da Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) e da
Biblioteca.

O encontro rematou na biblioteca padronesa, onde a escritora Montse Fajardo departiu individualmente con cada participante e asinou amablemente cada un dos exemplares.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A biblioteca municipal de Padrón conta con varios exemplares dispoñibles do libro de Montse Fajardo a disposición da veciñanza.

Etiquetas

culturapadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos