ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoPolítica

Moción conxunta de BNG, CA e PSOE para que a Xunta financie o aparcadoiro do CHUS

Os grupos de Compostela Aberta, PSdeG e BNG anunciaron a presentación dunha moción ao Pleno de novembro para demandarlle á Xunta que asuma a súa competencia e realice o investimento necesario para ordenar a mobilidade no recinto do CHUS e crear novas prazas de aparcadoiro.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de noviembre de 2023 a las 16:02

Compartir

A portavoz municipal de CA, María Rozas, explicou que “o único que lle estamos a pedir á Xunta é que asuma as súas competencias”. Nese sentido, lamentou que “teñamos que seguirlle lembrando ao Goberno galego unha obviedade: que o Complexo Universitario de Santiago é un equipamento sanitario de ámbito supramunicipal, que o centro de protonterapia será o centro de referencia para toda Galicia e mesmo para todo o noroeste peninsular, e que o Concello de Santiago non pode asumir os custos que esas dotacións van supoñer en canto á mobilidade e o aparcamento”.

A concelleira de Compostela Aberta reiterou que o CHUS dálle servizo a 46 concellos que suman unha poboación de máis de 450.000 persoas, e Santiago representa o 22% desa cifra, “unha porcentaxe que marca a diferenza con respecto a outras cidades e outros equipamentos sanitarios”. María Rozas insistiu en que “o Concello ofrécelle á Xunta toda a colaboración, pero sen esquecer que o recinto do CHUS é propiedade do SERGAS e a xestión da mobilidade no seu interior correspóndelle á administración autonómica”. Nesa liña, tamén lembrou que “falamos dunha colaboración que se traduce en cartos, porque lle temos cedida á Xunta unha parcela cun valor de mercado de seis millóns de euros, e aprobados beneficios fiscais por preto de dous millóns”.

Pola súa banda, o portavoz do PSdeG-PSOE, Gonzalo Muíños, amosouse especialmente crítico coa actitude de Borja Verea, a quen acusou de estar instalado na “autocomplacencia e na defensa do seu partido”, afeándolle que coa súa actitude “esquécese de que se presentou ás municipais para representar a Santiago e non para ser o portavoz da Xunta”. O edil socialista acusou a Verea de “deslealdade cos contribuíntes de Santiago” porque “se por el fose, estarían financiando un aparcadoiro que usaría media Galicia”. Recorda que o CHUS dá servizo a 46 concellos, incluso fóra da provincia de A Coruña, polo que insiste en que se trata dun equipamento supramunicipal que, ademais, queren situar nunha parcela da exclusiva propiedade da Xunta: “hoxe o Grupo Socialista ponse do lado das veciñas e veciños de Santiago, nunha fronte común para defender os seus intereses e para instar á Xunta a cumprir coa nosa cidade” asegurou o seu portavoz que, recalcou, “o que estamos pedindo é un trato igual ao das demais cidades”.

Por último, a portavoz do BNG, Míriam Louzao, explicou en rolda de prensa que a poboación de Santiago representa o 22% do conxunto dos 46 concellos da área sanitaria, o que supón un agravio para a veciñanza compostelá que a Xunta esixa 4,3 millóns de euros cando é algo que lle corresponde asumir á administración galega porque é da súa competencia. “Presentamos esta moción ao Pleno, co sentir maioritario da veciñanza de Santiago e da área sanitaria, para acabar co caos de tráfico existente no recinto do CHUS e reclamámoslle á Xunta que, dunha vez por todas, asuma a súa competencia e realice o investimento necesario para ordenar a mobilidade no recinto do CHUS e crear novas prazas de aparcadoiro, ademais de buscar unha solución provisional de estacionamento mentres duren as obras de
ampliación do CHUS”, explicou.

Etiquetas

aparcadoirochuspoliticasantiagoxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo