ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaDestacado

Máis de 5.500 persoas transformarán o Sar no epicentro do Rapants Club

 

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de marzo de 2026 a las 13:56

Imaxe: Alma Alonso

Compartir
  • The Rapants, consolidados como referentes na escena actual galega, presentarán este sábado 28 en Santiago o seu cuarto LP, no que abrazan a música disco, a electrónica e os ritmos latinos
  • A banda compostelá Ulex abrirá ás 19:45 horas unha noite histórica para o indie-rock galego, na que os muradáns sairán ao escenario a partir das 21:00 horas cun directo completamente renovado
  • Tras esgotar a primeira quenda de localidades, o grupo ampliou a capacidade do recinto: as últimas 400 entradas dispoñibles para o concerto, que conta co apoio do Concello de Santiago, están á venda en  www.ataquilla.com 

Muros, 23 de marzo de 2026.- O sábado 28 de marzo o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela transformarase nunha gran pista de baile coa inauguración do Rapants Club  Máis de 5.500 persoas asistirán ao despegue oficial da xira de presentación do novo álbum de The Rapants, nunha noite que se vislumbra como un auténtico fito xeracional para a música en galego e polo intenso “tráfico aéreo” que se verá na capital do país.

Após o éxito da venda inicial de entradas -que se esgotaron nos primeiros días-, e e a posterior ampliación da capacidade de asistencia ao recinto por parte do grupo muradán, o concerto deste sábado será a primeira oportunidade para experimentar ao vivo os novos temas do disco, xa dispoñible nas principais plataformas dixitais, ademais dos grandes éxitos que definen a traxectoria da banda.

A velada, que conta co apoio do Concello de Santiago, arrancará ás 19:45 cos primeiros acordes de Ulex. A banda compostelá, chamada a triunfar na escena galega nos vindeiros anos, será a encargada de prender a mecha. A partir das 21:00 horas, os rapantes tomarán o escenario para despregar o seu son contundente: riffs de guitarra frenéticos, ritmos bailables e, por suposto, retrousos memorables. As últimas 400 entradas para esta gran festa da música en galego están á venda na plataforma www.ataquilla.com.Rapants Club

Rapants Club é o cuarto álbum de The Rapants, un traballo que plasma o xeito de entender a vida dos membros da banda: unha mestura de estilos musicais enerxías canalizadas desde  a máis sinceira. Con este lanzamento, os muradáns queren agradecer ao seu público a fidelidade e compañía ao longo destes anos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O disco é o resultado dunha coidada produción a varias mans entre Anxo Ferreira (ex Novedades Carminha), Raúl Pérez (La Mina), Miguel León (Boavista) e os propios rapantes. Trátase do traballo máis fiel á identidade do cuarteto: Rapants Club equilibra o peso das guitarras coa incorporación dos sintetizadores e móvese con solvencia entre o indie-rock e a música de baile. Os doce temas que conforman o álbum, que bebe das influencias que viaxan desde o 70 ata os 2000, están chamados a converterse en himnos xeracionais.

Etiquetas

the rapants
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

The Rapants actuará o sábado 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar
Actualidad

The Rapants actuará o sábado 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar

The Rapants actúa este xoves na Praza Mazarelos de Santiago
Actualidad

The Rapants actúa este xoves na Praza Mazarelos de Santiago

Os muradáns The Rapants estrean novo disco na Capitol esgotando as entradas en 15 minutos
Actualidad

Os muradáns The Rapants estrean novo disco na Capitol esgotando as entradas en 15 minutos