ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

The Rapants actúa este xoves na Praza Mazarelos de Santiago

The Rapants pecha a xira estival de ‘La máquina del buen rollo’ con tres concertos de balde en Lugo, Santiago e O Grove

A banda actuará hoxe ás 20.30 horas na facultade luguesa de Veterinaria e mañá, xoves 26, á mesma hora, na praza de Mazarelos, en Compostela

O peche chegará no Grove o 4 de outubro, coa actuación dos muradáns na praza do Corgo, no marco da programación da Festa do Marisco

As vindeiras datas confirmadas son no 2025: o 22 de marzo no Coliseum da Coruña e o 26 de abril no pavillón da Magdalena de Avilés para abrir os concertos de La Raíz

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de septiembre de 2024 a las 19:31

Compartir

Muros, 25 de setembro de 2024.- La máquina del buen rollo para, mais non pecha. The Rapants ofrecerán desde hoxe, mércores 25, e até o venres 4 de outubro, os seus últimos tres directos da xira estival. Logo de percorrer ducias de salas e eventos musicais do país, que comezaron no mes de marzo cun dobre ‘sold out’ en cuestión de minutos na Sala Capitol, os muradáns achegaranse a Lugo, Santiago de Compostela e O Grove para activar o “saltón rapante” de balde.

Así, The Rapants actuará esta tarde, ás 20.30 horas (apertura de portas ás 20.15 horas) no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, no marco da programación das xornadas de benvida que a Universidade de Santiago de Compostela ofrece ao seu alumnado. O acceso será de balde e libre ata completar a capacidade do espazo. Ao día seguinte, o xoves 26, e á mesma hora (20.30h), fará o propio na praza compostelá de Mazarelos.

A última data do verán da xira de presentación de La máquina del buen rollo, o terceiro LP do grupo, chegará o venres 4 de outubro. A praza do Corgo, no Grove, acollerá -no marco da programación da Festa do Marisco- un concerto de balde dos rapantes. O acceso será libre e a organización do evento facilitará ao público os horarios nos vindeiros días.

Con estas tres últimas citas The Rapants pecha unha xira que levou aos muradáns a actuar nalgúns dos festivais máis coñecidos do país, como Portamérica, Revenidas, Noroeste Estrella Galicia, Surfing The Lérez, Osa do Mar, Carrilanas, Ourensound ou SonRías Baixas. Tamén formaron parte do cartel de eventos populares como a Festa do Albariño de Cambados ou a Festa do Champiñón de Ordes; e mesmo actuaron sobre as táboas de espazos míticos como o Náutico de San Vicente (O Grove) ou mesmo en La Sala do WiZink Center de Madrid, na que se coroaron o pasado abril como gañadores do certame Último acorde x Johnnie Walker.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As vindeiras actuacións confirmadas de The Rapants serán xa para o ano que vén. Os muradáns serán a banda de apertura dos concertos da nova xira de La Raíz, que regresa aos escenarios logo de seis anos de ausencia. Os rapantes abrirán os directos do grupo liderado por Pablo Sánchez nos concertos que estes ofrecerán o 22 marzo na Coruña (Coliseum) e o 26 de abril en Avilés (pavillón da Magdalena). As entradas están á venda nas plataformas Enterticket e Ataquilla.com. 

Etiquetas

actuacionsculturalugomusicao groveradio lider santiagosantiagothe rapants
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”
Actualidad

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo
Actualidad

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González