ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

The Rapants actuará o sábado 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar

 

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de enero de 2026 a las 13:21

Imaxe: Andrea Sánchez

Compartir

As entradas para a cita sairán á venda este venres 16, ás 12:00h, a través da plataforma www.ataquilla.com

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2026.- O Multiusos Fontes do Sar acollerá o 28 de marzo a grande inauguración do Rapants Club, a estrea en directo do novo álbum da banda muradá The Rapants. As entradas para a concerto, no que se poderán escoitar por primeira vez ao vivo os temas do cuarto LP do grupo, poranse á venda este venres 16 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, a través da plataforma en liña www.ataquilla.com.

Os muradáns escolleron a súa cidade de adopción, Santiago de Compostela, para dar a coñecer este novo traballo, un álbum cunha sonoridade moi especial que dá conta da evolución do grupo á vez que mantén a esencia e identidade rapante. Con Rapants Club, que verá a luz tamén no mes de marzo, The Rapants atrévese a experimentar. O cuarteto abre a porta a diferentes estilos musicais e con letras máis escuras; mais segue a por en valor o baile, as guitarras frenéticas, as sentenzas románticas e os retrousos memorables, todos eles aderezados coa naturalidade e a honestidade que caracteriza ao grupo.

A inauguración deste Rapants Club será unha gran festa para a música en directo en Galicia, na que os rapantes darán as “jrasias por confiar” no seu proxecto. A alegría, o bo rollo, os pogos e, por suposto, un intenso tráfico aéreo daranse cita o sábado 28 de marzo na pista do Sar, nun evento que conta co apoio do Concello de Santiago. Será unha noite na que, ademais de gozar dos novos temas da banda, o público e moi especialmente os ‘rapants fan juligans’ “viaxarán ao profundo” da man do grupo para vibrar con himnos que identifican a toda unha xeración.

The Rapants abre así no gran recinto indoor compostelán unha nova etapa na que explorará, sen medo, novos escenarios e retos no seu directo, logo de sumar dous anos de grandes éxitos e concertos multitudinarios desde aquel dobre ‘sold out’ que acadou en cuestión de minutos pola estrea de La máquina del buen rollo (Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego 2024) na Sala Capitol.

Despedida de La máquina del buen rollo

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Precisamente o vindeiro 28 de febreiro, un mes antes da presentación de Rapants Club, os rapantes pecharán a xira de La máquina del buen rollo en Bruxelas, no marco dun evento moi querido pola banda e que deu pé ao nacemento do seu tema Rue Franklin: o Festival Emigrason. Antes da cita europea, os muradáns actuarán en Zaragoza (6 de febreiro) e Bilbao (7 de febreiro) como parte da programación dos festivais Inverfest e Negufest, respectivamente. Tres datas fóra de Galicia antes do seu regreso a Compostela, por todo o alto, o 28 de marzo.

Etiquetas

concertoculturamusicaSantiago de Compostelathe rapants
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago