ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoNoticia Líder

Guinarte sospeita dun uso irregular dos fondos do grupo municipal socialista: “Se é certo, é gravísimo”

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de mayo de 2025 a las 19:29

Compartir
  • O portavoz socialista no Concello de Santiago analiza a crise interna do partido, defende unha oposición construtiva e afasta o risco dunha moción de censura. “Non houbo unha loita ideolóxica, senón persoal”, afirmou.

Nunha extensa entrevista en Radio Líder Santiago, o portavoz do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte, fixo balance da crise interna que sacudiu ao PSOE compostelán nos últimos meses. Cun ton sereno pero directo, describiu a situación como “un proceso longo e doloroso, mesmo no plano persoal”, e explicou que a escisión producida entre os edís do grupo foi máis por motivos “relacionados con cuestións persoais que ideolóxicas”.

A fractura produciuse cando catro dos seis edís foron ao grupo de non adscritos, deixando ao grupo oficial socialista con só dous concelleiros. “Non houbo unha estratexia alternativa clara, só un afastamento voluntario das liñas do partido, tentando funcionar como un grupo independente sen consenso coa dirección do PSdeG”, sinalou Guinarte. Lamentou que o conflicto se xestase desde o principio do mandato, con dúas visións opostas: a de integrarse no goberno xunto ao BNG e Compostela Aberta, e a de manterse na oposición. O partido optou pola segunda opción, e a falta de unidade rematou por romper o grupo.

Sobre os efectos institucionais, Guinarte foi claro: “Non haberá moción de censura, nin traca final, nin sorpresas. Faremos unha oposición útil, non unha oposición por opoñerse”. Afirmou que, aínda que están na oposición, buscarán colaborar co goberno local sempre que se respeten as súas propostas. “O noso obxectivo é mellorar a gobernanza da cidade e incluír parte do noso programa nas políticas municipais”, apuntou.

Outro momento clave da entrevista chegou ao abordar o presunto pagamento dun avogado con fondos públicos por parte dos catro edís escindidos. Guinarte non confirmou os feitos pero recoñeceu que é posible: “Se foron pagos feitos cos cartos do grupo municipal, pareceume un comportamento éticamente pouco defendible. Estás usando recursos públicos para loitar contra o partido polo que fuches elixido”.

Cando foi preguntado sobre se se presentaría como candidato nas eleccións municipais de 2027, o portavoz negou que ese sexa o seu obxectivo: “Non é algo que estea agora mesmo enriba da mesa. Apoiarei á mellor persoa que o partido considere para liderar a candidatura”. Iso si, deixou a porta entreaberta: “Se mo pide o partido nun momento dado, xa se verá. Pero agora mesmo non o considero esencial na miña vida política ou profesional”.

Finalmente, Guinarte reivindicou unha nova etapa de reconexión coa cidadanía: “Queremos falar coa xente, escoitar aos colectivos sociais, ás asociacións veciñais e preparar unha proposta realista para as eleccións de 2027”. Entre os principais retos que destacou para Santiago están a defensa dun turismo sustentable e útil para a cidade, a recuperación do seu papel como capital cultural de Galicia e a diversificación económica a través de proxectos como o polo biotecnolóxico da Sionlla.

“Santiago perdeu parte do seu pulso, da súa forza como cidade referente. Hai que volver poñela no mapa, con realismo e sen populismo”, concluíu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

compostelaEntrevistapoliticapsoe
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo