ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Gonzalo Muíños propón un Pacto Local pola Convivencia e a Seguridade

O portavoz municipal socialista chama á unidade de acción entre todas as forzas políticas para mellorar a seguridade en barrios como Santa Marta, o Ensanche ou Vidán

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de febrero de 2025 a las 20:29

Compartir

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025. O portavoz do grupo socialista en Raxoi, Gonzalo Muíños, apelou este luns á necesidade dunha resposta coordinada e consensuada entre todas as forzas políticas para mellorar a seguridade na cidade. Con este obxectivo, os socialistas levarán ao vindeiro pleno unha proposta para a elaboración dun Pacto Local pola Seguridade e a Convivencia.

Muíños subliñou que é fundamental alcanzar un acordo que permita mellorar a calidade de vida da veciñanza de Compostela a través do diálogo e do consenso. «Hai aspectos na política que requiren altura de miras e capacidade de entendemento», afirmou.

Un plan en tres fases

A iniciativa socialista estrutúrase en tres fases:

  1. Convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade, co obxectivo de analizar a situación actual e establecer accións inmediatas para afrontar os problemas de convivencia detectados en zonas como Santa Marta, a Choupana, o Ensanche e Vidán.
  2. Xunta extraordinaria de portavoces, na que se trasladarán os acordos acadados na Xunta Local de Seguridade e se sentarán as bases para a elaboración do pacto.
  3. Creación dunha Comisión Permanente para a Seguridade e a Convivencia, con reunións trimestrais, integrada por persoal técnico de distintas áreas municipais (Benestar Social, Seguridade, Igualdade, Servizos Básicos…), representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade, axentes sociais, plataformas veciñais e membros da Corporación Municipal.

Ademais, a primeira acción concreta sería unha reunión inicial cunha representación da Plataforma Santa Marta Segura e doutras entidades veciñais que o soliciten, para que todas as voces implicadas poidan achegar propostas e solucións.

Un pacto con compromiso e seguimento

A proposta socialista culminaría na elaboración e sinatura dun Pacto Local pola Seguridade e a Convivencia, un documento marco con propostas concretas acordadas entre todas as forzas políticas, cuxo cumprimento sería supervisado a través das reunións periódicas da comisión correspondente.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Muíños advertiu que, segundo os datos dispoñibles, a taxa de delincuencia en Santiago aumentou un 3,5% no ano 2024. «Trátase dun incremento moderado que non debe xerar alarmismo, pero si levarnos a actuar antes de que a situación se agrave», concluíu.

Etiquetas

compostelapoliticapsoesantiagoseguridad
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo