Gonzalo Muíños propón un Pacto Local pola Convivencia e a Seguridade
O portavoz municipal socialista chama á unidade de acción entre todas as forzas políticas para mellorar a seguridade en barrios como Santa Marta, o Ensanche ou Vidán
O portavoz municipal socialista chama á unidade de acción entre todas as forzas políticas para mellorar a seguridade en barrios como Santa Marta, o Ensanche ou Vidán
Líder Redacción
24 de febrero de 2025 a las 20:29
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025. O portavoz do grupo socialista en Raxoi, Gonzalo Muíños, apelou este luns á necesidade dunha resposta coordinada e consensuada entre todas as forzas políticas para mellorar a seguridade na cidade. Con este obxectivo, os socialistas levarán ao vindeiro pleno unha proposta para a elaboración dun Pacto Local pola Seguridade e a Convivencia.
Muíños subliñou que é fundamental alcanzar un acordo que permita mellorar a calidade de vida da veciñanza de Compostela a través do diálogo e do consenso. «Hai aspectos na política que requiren altura de miras e capacidade de entendemento», afirmou.
A iniciativa socialista estrutúrase en tres fases:
Ademais, a primeira acción concreta sería unha reunión inicial cunha representación da Plataforma Santa Marta Segura e doutras entidades veciñais que o soliciten, para que todas as voces implicadas poidan achegar propostas e solucións.
A proposta socialista culminaría na elaboración e sinatura dun Pacto Local pola Seguridade e a Convivencia, un documento marco con propostas concretas acordadas entre todas as forzas políticas, cuxo cumprimento sería supervisado a través das reunións periódicas da comisión correspondente.
Muíños advertiu que, segundo os datos dispoñibles, a taxa de delincuencia en Santiago aumentou un 3,5% no ano 2024. «Trátase dun incremento moderado que non debe xerar alarmismo, pero si levarnos a actuar antes de que a situación se agrave», concluíu.
Recibe las noticias en tu correo.