ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoNoticia LíderPolítica

Gonzalo Louzao: “Hai 3.000 vivendas baleiras na Estrada e imos darlles uso”

Redacción, 29 de abril de 2025.- Hai un ano, Gonzalo Louzao colleu o bastón de mando do Concello da Estrada cunha mochila cargada de expectativas, retos e promesas. Un ano despois, fai balance dun tempo que define como “de transición ordenada”, mais tamén de impulso e planificación de futuro. Con só 30 anos, este novo alcalde combina a ilusión dun político novo coa determinación dun xestor que coñece o seu territorio e as necesidades dos seus veciños. “Vou dedicar os mellores anos da miña vida a mellorar a vida da xente da Estrada”, asegurou o rexedor nunha entrevista concedida a Radio Líder Santiago, onde repasou os grandes temas que marcan a súa folla de ruta ata 2027.

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de abril de 2025 a las 23:23

Gonzalo Louzao xunto a Álvaro Veiga

Compartir

Louzao herda o liderado de José López Campos, anterior alcalde, a quen define como “un gran referente”. Apostou por un equipo que mestura veteranía e renovación, e que puxo en marcha accións concretas desde o primeiro día. “A maioría da veciñanza avalou coa súa confianza o noso proxecto político. Tiñamos que seguir traballando con velocidade de cruceiro”, afirmou.

Un dos logros que máis salientou o alcalde é o saneamento das contas municipais. O Concello recuperou en 2024 arredor de oito millóns de euros en axudas europeas pendentes de cobro, o que lle permitiu reducir a débeda a 1,4 millóns de euros e recuperar capacidade de investimento. “Como calquera economía doméstica, se tes débeda non podes planificar nin avanzar”, explicou. Agora, asegura que o Concello ten “boa saúde financeira”.

Louzao durante a entrevista

A vertebración do territorio é unha das grandes obsesións do alcalde. O Concello ten 2.500 km de pistas, e aínda que moitas foron melloradas, quedan moitas por arranxar. “Este ano investiremos máis de dous millóns de euros no asfaltado. É un paso histórico, pero sabemos que non é suficiente”, recoñeceu.

Louzao anunciou unha discriminación positiva para o rural, co obxectivo de que cada parroquia, cada núcleo dos 473 existentes, vexa mellorada a súa rede viaria e servizos públicos.

Outro dos retos estruturais é o acceso á vivenda. O Concello identificou 3.000 vivendas baleiras no seu territorio e busca incentivalas con bonificacións fiscais. “Queremos bonificar ata o 50% do IBI a quen poña no mercado vivendas baleiras. Hai que activar ese patrimonio e convertelo en oportunidades para novas familias”, explicou.

Ao tempo, en colaboración coa Xunta de Galicia, tramítase a construción de 28 vivendas públicas nunha parcela municipal xa cedida.

Despois de máis de dúas décadas sen dispoñer de solo industrial público, a Estrada está en vías de solucionar esta eiva. “O polígono vai moi ben. Moitas empresas de dentro e de fóra chaman interesándose”, asegurou.

O obxectivo é crear un espazo que permita ampliar empresas existentes e atraer novos proxectos industriais. A situación xeográfica do municipio, preto de Santiago, converte a Estrada nun enclave estratéxico.

“Atendo veciños os 365 días do ano”

Louzao mantén unha política de portas abertas. Atende presencial e telefónicamente a calquera hora, algo que herdou do seu antecesor. Ademais, percorre os núcleos de poboación con regularidade para coñecer de primeira man as demandas. “Somos coma os camareiros dun restaurante, pero os que están na cociña son os traballadores do Concello”, dixo en agradecemento ao persoal municipal.

Preocúpalle o envellecemento da poboación e quere atraer xente nova para residir, traballar e formar familia na Estrada. Fala con paixón dun modelo de municipio con servizos, infraestruturas e oportunidades. “Non quero que a Estrada sexa só unha vila ben comunicada. Quero que haxa oportunidades reais para que a xente se quede”, destacou.

O alcalde destacou os investimentos en instalacións deportivas, como a nova pista de atletismo ou o módulo multideporte cuberto en construción. “Máis de mil persoas practican deporte federado cada día. Queremos darlles as mellores instalacións posibles”, comentou.

Tamén anunciou unha programación cultural ambiciosa para os próximos meses, incluíndo a Festa do Salmón (18 de maio), a Feira da Sidra (7 de xuño) e a Rapa das Bestas de Sabucedo (xullo), así como artistas nacionais e internacionais.

Con só 30 anos, Gonzalo Louzao amosa madurez, paixón e compromiso co seu cargo. Di que non se marca un límite temporal para estar na alcaldía, pero só se os veciños o consideran útil. “O tempo que dedico ao Concello non se recupera, así que ten que valer a pena. Quero que ese tempo se note na vida da xente”, sentenciou.

Gonzalo Louzao afronta o seu segundo ano á fronte da Estrada cun goberno sólido, contas saneadas e proxectos ambiciosos. A súa mensaxe é clara: gobernar coa xente, desde o territorio e coa mirada posta no futuro. Un futuro onde o rural, a vivenda, o emprego e os servizos son as claves para facer da Estrada unha vila orgullosa dos seus e aberta ao mundo.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

a estradaalcaldeEntrevistagonzalo louzaopolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»