ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Galiza Nova presenta as XXIV Xornadas de Formación ‘Tecendo o fío lilá da historia’

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de marzo de 2024 a las 20:21

Compartir

 

 

Marta Gómez, Secretaria Xeral de Galiza Nova: “Unha oportunidade de seguir aprendendo da historia do noso movemento feminista”

Padrón, 19 de marzo .- A organización xuvenil do BNG presentou este martes en Padrón a vixésimo cuarta edición das Xornadas de Formación da Historia de Galiza. Unhas xornadas que terán lugar no propio concello os días 13 e 14 de abril.

Na presentación estivo presente Beatriz Rei, voceira municipal do BNG, que salientou que “é un orgullo para nós que Galiza Nova elixa Padrón para desenvolver as súas xornadas, nas que ademais de formarse coñecerán a nosa vila e a súa historia”.

Pola súa banda, Marta Gómez, Secretaria Xeral da organización xuvenil, sinalou que “con estas xornadas pretendemos darlle continuidade á campaña do 8 de marzo e seguir aprendendo da historia do movemento feminista”

“As xornadas desenvolveranse a redor da figura de Rosalía de Castro, de feito visitaremos a casa museo Rosalía, e da súa historia e implicación como muller feminista galega” engadiu Gómez.

As Xornadas terán lugar os días 13 e 14 de abril en Padrón, comezarán cunha benvida por parte da voceira municipal e unha posterior palestra a cargo de Paco Rodríguez. Nas xornadas haberá tamén un roteiro e actividades de debate dirixidas polas propias integrantes da organización.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A participación é aberta a todas as mozas e mozos galegas que o desexen e informarase a través das redes sociais da organización o método de inscrición.

Etiquetas

galiciagaliza novapadron xornadaspoliticaradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo