ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Elimínanse as barreiras arquitectónicas no acceso ao Museo do Pobo Galego

O Concello de Santiago vén de concluír a obra de instalación dunha rampla na fachada oeste do Museo do Pobo Galego, «nunha aposta pola accesibilidade coa supresión de barreiras arquitectónicas nos espazos públicos», segundo explicou o concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez.

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de diciembre de 2023 a las 16:54

Compartir

A actuación consistiu na realización dun itinerario accesible desde a vía pública para o edificio de titularidade municipal que acolle o Museo do Pobo Galego, segundo o proxecto básico e de execución de «Eliminación de barreiras arquitectónicas para acceso á ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval», redactado polos arquitectos Idoia Camiruaga Osés e Ramón Fernández Hermida.

«Esta actuación, que contou cun orzamento de 23.493 euros, culmina a intervención previa de maior intensidade desenvolvida na ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval coa realización dunha rampla exterior de acceso para a eliminación de barreiras arquitectónicas do Museo do Pobo Galego», indicou o concelleiro.

En concreto, a rampla sitúase na fachada oeste do conxunto e permite acadar un itinerario peonil accesible dende a vía de acceso principal, a través do xardín frontal ata a ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval.

Este elemento apóiase, sen empotramento, sobre a rampla norte da escaleira de acceso desde o xardín, sen desmontar a varanda de cuadradillo e pletina. Para alcanzar a cota interior do edificio colocouse un gran banzo final realizado a base de laxas de pedra granítica sobre a actual plataforma. Foi necesario complementar a varanda con outra peza que protexe a plataforma de chegada da rampla a cota interior.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais, aumentouse a zona pavimentada con laxas de características similares ás da beirarrúa existente, a modo de beirarrúa na zona do xardín, para facilitar o acceso con cadeira de rodas á nova rampla.

Etiquetas

museo do pobo galegoobrassantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización
Comarca

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca
Actualidad

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica