Elimínanse as barreiras arquitectónicas no acceso ao Museo do Pobo Galego
O Concello de Santiago vén de concluír a obra de instalación dunha rampla na fachada oeste do Museo do Pobo Galego, «nunha aposta pola accesibilidade coa supresión de barreiras arquitectónicas nos espazos públicos», segundo explicou o concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez.



