ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoNoticia LíderPolítica

Doval celebra a concentración histórica en Oroso tras 34 anos: «O monte ordenado non arde»

O alcalde de Oroso fai balance da metade da lexislatura con proxectos históricos como a concentración parcelaria, obras de humanización en Sigüeiro, aposta pola AP-9 gratuita e unha explosión de dinamismo no comercio local.

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de agosto de 2025 a las 19:11

Compartir

No ecuador da lexislatura, o alcalde de Oroso, Álex Doval, debullou en Radio Líder Santiago os avances dun mandato que cualifica como “intenso, produtivo e transformador”. En conversación con Álvaro Veiga, repasou unha longa listaxe de actuacións xa realizadas, en marcha ou en fase de licitación, sen agochar os atrancos e desafíos dun Concello que, segundo di, “non para de medrar en todos os sentidos”.

34 anos de espera: concentración parcelaria histórica

Un dos fitos máis simbólicos foi a finalización da concentración parcelaria nas parroquias máis afastadas do núcleo urbano. “Levabamos 34 anos agardando este momento. Cando comezou ese proceso, eu tiña un ano”, explicou con ironía. A reestruturación afectou a case 900 propietarios, pasando de máis de 7.000 fincas a 1.400. “Poucos concellos poden dicir que teñen todo o territorio concentrado, tanto monte como labradío”.

Para Doval, o impacto vai moito máis alá da organización territorial: “O monte ordenado e produtivo non arde. Cando tes que sacar rendemento, prestas atención; o abandono é o que o fai perigoso”.

O núcleo urbano está en plena transformación. A remodelación da praza Isaac Díaz Pardo supón unha das obras estrela, cun investimento de 700.000 euros cofinanciados entre Concello e Xunta. “É o corazón da vila. Por fin teremos unha praza digna para eventos e encontro cidadán”, asegurou o rexedor, ao tempo que pediu desculpas polas molestias: “As obras molestan, pero son necesarias. É como reformar unha casa”.

Ademais, ampliáronse as beirarrúas na Avenida Compostela (60.000€) e executáronse melloras no Parque da Ulloa (40.000€), sen esquecer outras actuacións no Portiño, Vilacide, San Tomé, Berdomás ou o polideportivo municipal. En total, as obras en execución ou licitación superan o millón de euros.

“Cada proxecto, grande ou pequeno, é importante. Desde a tarima dun local de maiores ata o tapete do campo de fútbol. Todo suma nun Concello activo e mellor preparado para o futuro”, sinalou.

Mobilidade e AP-9: “Facer unha infraestrutura nova por 32 millóns non ten sentido”

Un dos temas que máis paixón esperta no alcalde é a reivindicación da gratuidade do tramo da AP-9 entre Sigüeiro e Santiago. “A solución aos atascos non é construír unha nova circunvalación que custa 32 millóns e divide Oroso pola metade. Temos a AP-9. Só pedimos que sexa gratuita, como en moitos outros lugares”, declarou.

Doval forma parte activa dunha plataforma de alcaldes que reclaman esta medida: “Temos que deixar de inventar novas asociacións. Xa temos unha. Todos os partidos están representados e debemos loitar xuntos”.

A súa indignación recente viuse reflectida nun episodio de obras non comunicadas na nacional: “Chegar ao Concello un luns e ver que cortaron rúas e eliminaron prazas de aparcamento sen avisar é inadmisible. Non se nos tivo en conta nin para coordinar o tráfico. Unha falta de respecto institucional”.

Outro dos piares do mandato é o fortalecemento do irmandamento con Góis, en Portugal. “Pasamos do simbólico ao efectivo. Intercambio de nenos, actividades culturais, deporte… Mandamos rapaces ao Góis Cup e gañaron”, contou con entusiasmo. “Queremos que o hermanamento sexa entre veciños, non só entre alcaldes que se dan a man”.

O enfoque interxeracional tamén se deixa notar: “Escollimos traballar cos nenos porque cos maiores é máis complexo, pero non esquecemos a ninguén. Os pais agradecen que os cativos vivan unha experiencia internacional e eles tamén descansan”, bromeou.

O rexedor tamén celebrou o bo momento do tecido comercial local: “Hai aperturas constantes de bares, comercios… Un ambiente que non había hai anos. Agora un sábado á noite ves terrazas cheas e xente pola rúa. Iso é saúde urbana”. Promete seguir facilitando ao máximo os trámites para quen queira emprender: “Se non podemos axudar, polo menos non incordiar. Os autónomos merecen todo o noso respecto”.

2026 xa se está cociñando: “Queremos o orzamento aprobado en novembro”

A previsión é outra das obsesións do alcalde. “Xa estamos traballando nos orzamentos de 2026. O obxectivo é telos aprobados no pleno de novembro”, anunciou. Este avance será clave para executar un novo proxecto urbanístico valorado en preto dun millón de euros, do que non quixo dar detalles: “Temos todos os permisos. Falaremos máis a fondo despois do verán”.

 

“Levamos feito moito e queda moito por facer”, concluíu Doval, comprometéndose a seguir con intensidade o que resta de lexislatura. “Non hai vacacións cando un quere deixar pegada. Oroso está vivo, e iso nótase en cada rúa, en cada praza e en cada novo proxecto que nace”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

alex dovalorosopoliticapp
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo