ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Boqueixón licita máis de 140.000 euros en investimentos para mellora de pistas e accesos a aldeas

Boqueixón, 26 de agosto de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de licitar dúas actuacións de mellora de pistas e estradas municipais que suporán un investimento de máis de 140.000 euros e cuxas obras darán comezo durante as próximas semanas. O primeiro proxecto inclúe a realización de ata vinte actuacións. Así, melloraranse os accesos en Deseiro de Arriba (Sergude), Vigo e Alboia (Lamas), Gastrar (Gastrar), Camporrapado, Rebordao e Mato (Oural), Vilar (Ledesma), A Quenlla (Sucira), Pedrouzo (Pousada) e Piñeiro de Abaixo (Boqueixón). En todos os casos empregarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a pista de acceso aos núcleos, onde previamente se repararán as fochancas e se limparán as cunetas.

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de agosto de 2025 a las 12:57

Compartir

Por outra banda, acometerase a sinalización horizontal dun viario do Forte a Casalpegito, de 3.390 metros, co pintado de liñas de bordo e reparación dun treito a través da construción dun muro para o sostemento de terra e a pavimentación dun tramo  en aglomerado en quente. A obra incluirá tamén a execución dunha arqueta de formigón. Así mesmo, acometeranse outras melloras de pequenos camiños en Pumares (Sergude), en Pazos (Lestedo), tres tramos do viario de Castrelo a Virxe de Lurdes (Lestedo), en Burgo (Lamas) e en Ledesma (Ledesma), que suman algo máis dun quilómetro. Nestes casos repararanse os baches e mellorarase o firme das pistas cun tratamento asfáltico.

Por outra banda, o segundo dos proxectos aprobados inclúe a mellora dos accesos a Manlle (Lamas), Eirexe (Pousada) e Santaia e Casalvieito (Codeso). Nos catro casos procederase á reparación de baches e a mellorar a capa de rodaxe destes accesos a núcleos de poboación cun tratamento asfáltico superficial e rego de selado, así como a limpeza das cunetas para a correcta drenaxe das augas da choiva.

A maiores, acometerase a mellora dun camiño en Burgo (Lamas) de 140 metros de longo por 3,5 metros de ancho. Neste caso, tras un acondicionamento previo do camiño e a realización de saneos con pedraplén, mellorarase a pista con zahorra. Finalmente, asfaltarase tamén un viario en Baiuca (Ledesma), de 395 metros de longo por 5,5 metros de ancho..

Etiquetas

boqueixonobraspolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo