Boqueixón licita máis de 140.000 euros en investimentos para mellora de pistas e accesos a aldeas
Boqueixón, 26 de agosto de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de licitar dúas actuacións de mellora de pistas e estradas municipais que suporán un investimento de máis de 140.000 euros e cuxas obras darán comezo durante as próximas semanas. O primeiro proxecto inclúe a realización de ata vinte actuacións. Así, melloraranse os accesos en Deseiro de Arriba (Sergude), Vigo e Alboia (Lamas), Gastrar (Gastrar), Camporrapado, Rebordao e Mato (Oural), Vilar (Ledesma), A Quenlla (Sucira), Pedrouzo (Pousada) e Piñeiro de Abaixo (Boqueixón). En todos os casos empregarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a pista de acceso aos núcleos, onde previamente se repararán as fochancas e se limparán as cunetas.



