ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

BNG: «É un retroceso sen precedentes eliminar a Secretaría Xeral de Igualdade»

Noa Presas asegura que a división en dúas dirección xerais é unha mostra máis da submisión ao PP de Madrid, “que fai seguidismo da extrema dereita”    

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de abril de 2024 a las 20:44

Compartir

Santiago de Compostela, 30 de abril, 2024.  A deputada do BNG Noa Presas considera que a eliminación da Secretaría Xeral de Igualdade do novo organigrama da Xunta supón “un retroceso sen precedentes” na defensa dos dereitos das mulleres, un “novo paso atrás” que, na súa opinión, demostra a submisión do Goberno de Rueda ao PP de Madrid “que fai seguidismo da ultradereita”.

“Lamentamos que a Xunta dea un novo paso atrás no traballo pola igualdade das mulleres e que consume unha decisión tan grave como eliminar a Secretaría Xeral de Igualdade”, asegurou a portavoz de Facenda e Función Pública do BNG tras a toma de posesión, hoxe, das novas persoas responsables na Xunta de Loita contra a Violencia de Xénero e Promoción de Igualdade, as dúas direccións xerais nas que se dividiu a Secretaría Xeral.

Presas criticou a división porque significa que na nova estrutura do Executivo, ademais de rango institucional, a área de Igualdade perde representatividade e, sobre todo, transversalidade, “un factor elemental e estratéxico que recolle a propia lexislación”  porque supón capacidade de influír e de actuar en todas as políticas e áreas de goberno.

“A  transversalidade é absolutamente necesaria para combater a desigualdade”, advertiu Presas, para quen é tamén un erro considerable a división de igualdade e loita contra a violencia machista “sen que haxa unha dirección común, coma se fosen departamentos estancos”, sobre todo tendo en conta que “a violencia é a consecuencia máis extrema que vivimos as mulleres da desigualdade e do patriarcado”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Isto é o que demostra que o PP de Alfonso Rueda é absolutamente submiso ás estratexias do PP do Estado, que fai seguidismo da extrema dereita e que resta cada vez máis peso e máis importancia ás políticas de igualdade  e de violencia machista”, manifestou Noa Presas, quen xa avanzou que o BNG traballará dende o Parlamento para que se corrixa esa división “e para dar sempre alternativas a favor do feminismo e dunha Galiza máis igualitaria”.

Etiquetas

bnggaliciaigualdadepoliticaradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo