ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Aprobado o expediente de licitación para mellorar a accesibilidade en 14 puntos da capital

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, cualificou de «fundamental» esta aprobación que permitirá abrir «nas vindeiras semanas» un procedemento aberto simplificado de adxudicación para acabar coas pequenas barreiras arquitectónicas que dificultan o día a día das persoas con problemas de mobilidade ou en cadeiras de rodas e que obstaculizan o accesos a certos locais ou o tránsito polo entramado da cidade.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de noviembre de 2024 a las 19:07

Compartir

Este proxecto, resultado da colaboración con COGAMI, recolle 14 actuacións para a eliminación doutras tantas incidencias na vía pública que dificultan a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida. Maioritariamente actuarase en pasos de peóns e itinerarios peonís nos seguintes puntos: rúa do Río, xunto ao cruzamento coa rúa do Lavadoiro; rúa do Lavadoiro, xunto á Escola Infantil Municipal de Meixonfrío; cruzamento da rúa do Avío, rotonda superior da rúa; paso de peóns na rúa do Avío; cruzamento da rúa dos Irmandiños; paso de peóns e praza do aparcadoiro na rúa dos Xasmíns, cruzamento coa ruela da Estila; cruzamento das rúas de Betanzos e de Proxecto Vagalume, acceso ao CEIP Apóstol Santiago; paso de peóns na rúa de Betanzos, xunto ao camiño peonil cara á rúa de Tomiño; cruzamento da avenida Qurioga Palacios e Costa do Vedor; cruzamento na rúa Gómez Ulla, cruzamento coa rúa do Hórreo; paso de peóns na rúa do Outeiro do Sar, cruzamento coa rúa de Dublín; paso de peóns na rúa de Dublín, xunto á Costa do Vieiro; rúa de Berlín, entorno do acceso ao Centro Comercial Área Central; rúa de Varsovia, pasos de peóns no entorno de acceso ao Centro Comercial Área Central.

As intervencións consistirán, fundamentalmente, na demolición de pavimentos e bordos, escavación de terreos e recheos, nivelación con formigón e pavimentación de beirarrúas, elevación de pasos de peóns e instalación de novos sumidoiros, nova pavimentación podotáctil, retirada de sinalización e recolocación e colocación de varandas.

Nodo loxístico

O Goberno local tamén deu luz verde de xeito definitivo ao Proxecto Básico e de Execución e dotación do Centro Loxístico de acopio e distribución de mercadorías para o casco histórico de Santiago de Compostela.

Goretti Sanmartín salientou que esta aprobación constitúe o «primeiro paso” dun proxecto que “converterá Santiago nun nodo de mercadorías de todo o Noroeste peninsular”, nunha zona “que terá que completarse con outras infraestruturas, coa continuidade do orbital, coa estación de mercadorías da Sionlla”, o que suporá un avance na “diversificación ecnómica do Concello de Santiago, unha das apostas máis importantes que temos como Goberno».

Este proxecto foi presentado polo Consorcio de Santiago en xullo do 2024 en cumprimento do convenio de colaboración entre o Concello, o propio Consorcio e a empresa pública estatal Mercasa. O proxecto foi completado en novembro deste ano addenda, que tamén foi aprobada na sesión da mañá xunto co autorización do inicio das obras.

Contratación

O executivo municipal tamén acordou á adxudicación do contrato de obras de execución do proxecto de ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos , á empresa OBRAS Y VIALES DE GALICIA, S.L por un importe 351.420 € (base impoñible de 290.429,75 € máis IVE do 21% de 60.990,25 € ), encadrado na segunda fase do POS+ 2021 da Deputación Provincial da Coruña.

Esta intervención permitirá a ampliación dun viario municipal para mellorar a circulación de vehículos e persoas nun tramo da traza da Ruta da Prata (Camiño de Santiago).

Outros asuntos

Tamén se aprobou esta mañá a certificación única e final das obras de repavimentación das rúa Pozas, Tabaniscas e Salgueiriños de arriba, realiada por OBRAS Y VIALES DE GALICIA, SL por unha contía de 48.200 euros.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Goberno local tamén deu luz verde ao nomeamento do xurado do Premio Selic 2024 que recaerá sobre cinco persoas representativas do sistema literario galego: Arancha Rodríguez, Llerena Perozo, Oscar Senra, Daniel Asorey e Manuel Portas.

Etiquetas

accesibilidadecompostelapoliticasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo