Aprobado o expediente de licitación para mellorar a accesibilidade en 14 puntos da capital
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, cualificou de «fundamental» esta aprobación que permitirá abrir «nas vindeiras semanas» un procedemento aberto simplificado de adxudicación para acabar coas pequenas barreiras arquitectónicas que dificultan o día a día das persoas con problemas de mobilidade ou en cadeiras de rodas e que obstaculizan o accesos a certos locais ou o tránsito polo entramado da cidade.



