ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Deputación da CoruñaDestacadoNoticia Líder

Antonio Leira, deputado provincial: “A prioridade número un é sacar adiante o proxecto da Avenida da Grabanxa”

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de diciembre de 2025 a las 20:56

Compartir
  • O deputado provincial socialista defende a xestión da Deputación da Coruña, destaca o impulso da Vía Verde e responde ás críticas do alcalde de Oroso, asegurando que o proxecto de humanización da Avenida da Grabanxa “está listo para saír adiante en canto o Concello complete o trámite técnico pendente”.

O deputado provincial Antonio Leira foi entrevistado nos micrófonos de Radio Líder Santiago, nunha conversa extensa e chea de contido político, institucional e persoal. O representante da Deputación da Coruña repasou o traballo da institución, os proxectos en marcha e respondeu ás recentes críticas do alcalde de Oroso, Álex Doval, sobre o estado da Avenida da Grabanxa, un dos asuntos que máis debate xerou na comarca nas últimas semanas.

“A Deputación é unha administración local, a máis próxima aos concellos”, explicou Leira, quen defendeu o papel da institución como motor de cooperación e asistencia aos municipios. “O 90% dos concellos da provincia teñen menos de 20.000 habitantes, e moitos non dispoñen de medios técnicos nin persoal suficiente. A Deputación ten que estar aí, apoiando, asesorando e reforzando os servizos municipais”.

O deputado lembrou que o organismo provincial actúa como “ligazón entre concellos e cidadanía”, xestionando impostos municipais, sancións e servizos básicos. “Non tutelamos aos concellos, acompañámolos. Son maiores de idade e deben decidir no que investir”, afirmou con rotundidade. Como exemplo, destacou o Plan Único, o principal instrumento económico da Deputación: “Este ano distribuímos máis de 130 millóns de euros, con criterios obxectivos e sen mirar cores políticas. Iso permítelles planificar mellor os seus orzamentos e acometer actuacións segundo as súas prioridades”.

A Vía Verde, “un soño feito realidade”

Leira detívose longamente nun dos proxectos estrela da Deputación: a Vía Verde entre Oroso, Cerceda e Santiago de Compostela. “A Vía Verde é unha das xoias da coroa da Deputación”, afirmou. “Lembro cando comezamos en 2005 co tramo de Oroso. Era un soño recuperar o antigo trazado ferroviario como espazo medioambiental e deportivo. Hoxe xa temos 26 quilómetros operativos e traballamos para completar os 36 antes do verán”.

O deputado explicou que a execución do tramo entre Compostela e Oroso “atopou dificultades técnicas, especialmente nos túneles, pero o problema está encamiñado e as obras retomaranse en breve”. Leira destacou tamén o apoio europeo ao proxecto, “que pasou de ser unha ilusión local a un referente de mobilidade sostible en Galicia”.

O apoio ao deporte e á vida comunitaria

Outro dos temas abordados foi o apoio ao deporte base e ás entidades sociais. “Detrás dos clubs hai persoas que dedican o seu tempo e o seu diñeiro a que os rapaces practiquen deporte. A nosa obriga é acompañalos e facilitarlles a vida”, sinalou Leira. Segundo explicou, a Deputación está a revisar os criterios das subvencións para facer o proceso “máis sinxelo e máis útil”.

“Nunca é suficiente o apoio económico, pero si podemos escoitar, mellorar e simplificar os trámites”, engadiu, reivindicando unha administración próxima “que non só dea axudas, senón que entenda o que hai detrás de cada club, de cada asociación”.

O orzamento máis alto da historia da Deputación

Leira anunciou que os orzamentos provinciais para 2025, recentemente aprobados, ascenden a 256 millóns de euros, “o maior da historia da Deputación”. O deputado explicou que a prioridade foi aprobar as contas antes de finais de ano para que “os concellos poidan dispoñer dos fondos desde o 21 de xaneiro”.

“Os concellos precisan saber canto recibirán da Deputación para planificar as súas propias contas”, comentou. “Queremos que teñan estabilidade, previsión e capacidade de investimento desde o primeiro trimestre do ano”.

A polémica da Avenida da Grabanxa: “Non poñemos pedras, poñemos solucións”

A parte máis intensa da entrevista chegou ao falar da Avenida da Grabanxa, en Oroso. O alcalde, Álex Doval, criticara días atrás a suposta falta de implicación de Leira na xestión do proxecto de humanización da vía. O deputado respondeu con serenidade, pero con firmeza: “Cando un fai afirmacións, ten que facelas con rigor. A Deputación non está poñendo ningunha pedra. O proxecto está parado porque falta incorporar o informe topográfico ao proxecto redactado polo propio Concello. En canto o fagan, daremos luz verde inmediata”.

Leira recoñeceu a importancia do proxecto, que cualificou de “prioridade número un”. “Para min é algo moi persoal, porque este proxecto naceu cando eu era concelleiro, e quero velo rematado canto antes. Estou todos os días insistindo aos técnicos: prioridade número un, prioridade número un”.

Tamén lembrou que, durante o 2024, se intentou formalizar un convenio a tres bandas entre Aguas de Galicia, Concello de Oroso e Deputación, pero que “Augas de Galicia non respondeu”. “Foi unha pena”, lamentou. “Aínda así seguimos traballando para que o proxecto saia adiante dentro da legalidade e cos requisitos técnicos que marcan os enxeñeiros”.

Perfil persoal e compromiso político

O deputado tamén falou da súa traxectoria persoal e da súa relación co concello de Oroso, onde reside desde hai máis de vinte e cinco anos. “Oroso é o lugar no que criei á miña familia e no que quero seguir aportando”, comentou. Preguntado se ten aspiracións a ser alcalde, foi taxativo: “Non teño aspiracións de ser alcalde de Oroso. Nunca foi a miña ambición. O meu papel é colaborar, achegar e seguir traballando polo ben común”.

Leira, que comezou a súa carreira política en 2003, asegurou que o seu compromiso coa xestión pública “segue intacto”. “A política é servir, non ocupar. Mentres poida axudar desde a Deputación a mellorar a vida da xente, seguirei facéndoo con orgullo e responsabilidade”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

deputacion da coruñaEntrevistapolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo