ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Ana Pontón duplicará as axudas ao alugueiro para a mocidade

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de enero de 2024 a las 14:50

Compartir

 

 

  • “Vou traballar para que a xente moza poda desenvolver os seus proxecto de vida, hoxe limitados porque o acceso á vivenda e misión imposible”, declara
  • Galiza está á cola en emancipación de todo o Estado, de tal xeito que só tres de cada dez persoas de entre 30/40 anos dispón de vivenda por conta propia
  • Medidas: mobilizar vivenda baleira, liña de axudas específica da Xunta e crear unha bolsa de pisos para estudantes en colaboración coas universidades

Santiago de Compostela, 22 xaneiro 2023.- A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, mantivo en Ames un café-encontro coa xente moza no que explicou algunhas das medidas do proxecto de goberno do BNG para a mocidade, entre as que destacou a posta en marcha dun Plan de emancipación da mocidade para facilitar o acceso á vivenda, unha cuestión que, advertiu, está retrasando e limitando as expectativas e os proxectos de vida dos nosos mozos e mozas.

Pontón indicou que o plan pasa, por unha banda, por mobilizar vivenda baleira e poñela no mercado a prezo limitado e, por outra, por aumentar as axudas ao aluguer, cunha batería de medidas encamiñadas a facilitar a emancipación da xente moza que “resulta misión imposible” pola carestía da vivenda.

Deste modo e como primeira medida no curto prazo, un Goberno liderado polo BNG incrementará as axudas destinadas ás bolsas ao alugueiro para chegar, como mínimo, ao dobre de persoas, incrementando ademais as súas contías. En segundo termo, anunciou unha nova liña de axudas propia da Xunta para as mozas e mozos que se desprazan por razóns de estudo e non teñen contrato laboral, que agora están excluídos dos programas públicos de aluguer.

A isto sumou a creación dunha bolsa de vivenda para estudantes en colaboración coas universidades, en réxime de alugueiro a prezos accesibles “e en condicións de dignas” para que, recalcou, “non vexamos pisos con humidades, que non cumpren cos requisitos mínimos”, como está denunciando estes días o estudantado.

Por último, Pontón apuntou o Plan de mobilización de vivenda baleira que ten previsto poñer en marcha o goberno que aspira a presidir, para poñela no mercado de aluguer a prezo limitado; plan que tamén inclúe a compra de vivenda por parte da Xunta para poñela en réxime de aluguer. A mocidade será un dos colectivos beneficiados prioritarios “porque sabemos as dificultades que hai neste momento”, subliñou.

Neste sentido, recordou que a taxa de emancipación é de tan só o 15% entre os 16 e os 29 anos, unha taxa na que a franxa de idade entre os 30 e os 34 anos sitúa a Galiza terceira pola cola (con só 3 de cada 10 persoas que logran emanciparse), segundo o último informe do Consello da Xuventude do Estado.

A candidata do BNG advertiu que a mocidade galega ten que destinar entre un 50 e un 60% do seu salario á vivenda para poder emanciparse, cando todos os estudos indican que esta porcentaxe non debería supoñer máis do 30% dos ingresos. “Cos salarios tan baixos que hai neste País e que son máis baixos no caso da mocidade, isto é misión imposible”, recalcou nun café cun grupo de mozos e mozas, coas que ademais de departir sobre as súas demandas tamén tivo tempo para a complicidade botando unha partida de futbolín.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pontón reafirmou o seu compromiso coa mocidade e, se obtén a confianza para ser presidenta, facilitar o acceso a unha vivenda será unha prioridade de goberno. “Imos poñer a Xunta a traballar ao seu favor para que o da vivenda non sexa un problema, senón que busquemos solucións, e imos dar o mellor de nós para que a mocidade estea no centro das políticas públicas e que poida emanciparse e facer o seu propio proxecto de vida e axudarlle a cumprir os seus soños”, concluíu.

Etiquetas

ana pontonbnggaliciamocidadepoliticavivendaxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo