ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Brión e Educación asinan un convenio para mellorar o IES Brión e o CEIP Pedrouzos

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de mayo de 2025 a las 20:33

Compartir
  • A Xunta rehabilitará o CEIP de Pedrouzos e cederá un espazo para que o Concello execute una dársena de autobuses. Pola súa banda, o Concello cubrirá os laterais do patio cuberto do IES Brión e a Xunta cederá o seu uso fóra do horario lectivo

20 de maio de 2025.- A Xunta de Galicia e o Concello de Brión estreitan a súa colaboración para impulsar, de xeito conxunto, a execución de obras de mellora no CEIP Plurilingüe de Pedrouzos e no IES de Brión. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o alcalde de Brión, Pablo Lago, asinaron esta mañá un convenio marco para levar a cabo unha serie de actuacións nas infraestruturas educativas deste concello, nun acto no que tamén estiveron presentes a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o equipo directivo do instituto e colexio brionés.

O titular de Educación do Goberno galego salientou a importancia deste acordo como un exemplo de “colaboración interinstitucional” entre dúas administracións “que redundará en beneficio da comunidade educativa de Brión en particular e no conxunto dos seus cidadáns en xeral”. Román Rodríguez aposta por esta liña de “traballo cooperativo” que permitirá “sacarlle o máximo aproveitamento e rendemento” ás infraestruturas financiadas con recursos públicos, como vai ser o caso do colexio de Pedrouzos e do instituto de Brión.

Pola súa banda, Pablo Lago agradeceu a colaboración do Concello “para que poidamos dar resposta a moitas demandas que a comunidade educativa leva tempo poñendo sobre a mesa como as melloras que precisa o colexio de Pedrouzos, que o ano que vén cumpre 50 anos e ten moitas necesidades, especialmente en canto a mellora da súa eficiencia enerxética ou a ampliación do patio cuberto”. Ademais, agradeceu a cesión do uso do patio cuberto do IES Brión fóra do horario lectivo xa que “en Brión temos moitos nenos e nenas, moitos clubs deportivos e, aínda que estamos ampliando o pavillón municipal, temos necesidade de máis espazos para que poidan utilizar e adestrar en condicións”.

Detalles do acordo

Así pois, no marco deste acordo e froito desta colaboración institucional, o Goberno galego asumirá a redacción e aprobación do proxecto e a execución da obra de rehabilitación e, no seu caso, ampliación do colexio CEIP Plurilingüe de Pedrouzos. Así mesmo, a Xunta comprométese á desafectación do uso educativo dunha franxa de terreo do colexio de 200m² aproximadamente para que o Concello constrúa unha dársena de autobuses que mellore o servizo de transporte do alumnado tanto do colexio como do instituto.

Así mesmo, o Concello de Brión aproveitará a construción desta nova dársena de autobuses para reorganizar o tráfico en toda a zona para mellorar a seguridade viaria e facilitar a circulación no so dos escolares, senón tamén das persoas usuarias das instalacións deportivas emprazadas na zona, como son o polideportivo municipal e a piscina cuberta climatizada. Trátase dun proxecto duns 700.000 euros de investimento que permitirá a construción dunha beirarrúa de 4 mechos de ancho a carón da parada dos buses, que estarán baixo unha pérgola para que a rapazada non se molle en caso de choiva. Ademais, cambiarase a actual zona de aparcamento para ofrecer así máis prazas e facilitar a circulación na zona, ademais de instalar novo mobiliario urbano na zona (bancos e papeleiras).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, no que atinxe ao IES de Brión, o Concello comprométese á redacción do proxecto e á execución da obra de cubrición dos laterais do patio cuberto, mentres que a Xunta facilitará o uso compartido de dito patio por parte da administración local fóra do horario lectivo. As condicións deste uso compartido quedarán plasmadas nun futuro acordo entre a Dirección Territorial da Consellería na Coruña e o Concello de Brión.

Etiquetas

brioneducacion
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia