ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de mayo de 2026 a las 23:46

Compartir
  • Pablo Lago pon en valor as xestións realizadas durante estes dous últimos anos e agradece o traballo feito polos traballadores municipais e o apoio dos veciños e veciñas de Brión, que respaldaron a petición con máis de 1.200 sinaturas

25 de maio de 2026.- O alcalde de Brión, Pablo Lago, celebra o acordo anunciado hoxe polo Consello da Xunta de declarar a Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia. “Un obxectivo polo que o Goberno que presido leva varios anos traballando xa que non era de recibo que unha das romarías máis concorridas, singulares e arraigadas na comarca non tivera o recoñecemento que merecía”, sinala Lago Sanmartín.

“Esta declaración acordada hoxe polo Consello da Xunta supón un paso adiante na promoción da Romaría de Santa Minia, que a bo seguro atraerá a máis romeiros a Brión nos próximos anos. Pero, sobre todo, é tamén un acto de xustiza, pois ninguén podía entender que unha celebración deste nivel non fose distinguida antes”, apunta Pablo Lago, quen lembra que “se non tivemos esta distinción foi porque a ninguén se lle ocorreu solicitala ata a entrada do meu equipo de Goberno”.

O alcalde brionés agradece “a colaboración e boa disposición tanto do director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, como do propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á declaración da Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia. Unha romaría que coñecen ben, pois ambos teñen participado nela nas últimas edicións”. Así mesmo, Lago Sanmartín pon en valor “o traballo realizado polos traballadores municipais de Brión e todas as persoas que colaboraron na redacción da memoria que acreditaba os méritos da Romaría de Santa Minia para ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Un punto no que quero facer especial mención aos veciños e veciñas de Brión, que apoiaron esta petición con máis de 1.200 sinaturas recollidas en menos dunha semana, o que demostra o arraigo desta festa na nosa veciñanza”.

Arraigo

Durante a tramitación da solicitude realizada en 2024, a comisión avaliadora da Xunta de Galicia entendeu que non se xustificaba nin o arraigo da Romaría de Santa Minia entre a veciñanza de Brión nin a súa singularidade. Dous puntos que foron incorporados á completa memoria explicativa presentada inicialmente e que inclúe fotografías, libros, material gráfico e audiovisual que demostran que a Romaría de Santa Minia cumpría con todos os requisitos esixidos para ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, como finalmente foi.

Nomeadamente, para insistir no arraigo e na singularidade da Romaría, ao extenso informe asinado por Clodio González, historiador e integrante da Real Academia Galega, engadíronse as máis de 1.200 sinaturas de veciños e veciñas de Brión que solicitan esta distinción e amosan a súa implicación coa romaría. Unhas sinaturas recollidas en apenas cinco días.

En canto á singularidade da celebración, o Concello de Brión tamén incluíu outros informes como o do párroco de Brión, José Luís Dorelle Iglesias, quen especifica que esta Romaría “foi unha devoción e festividade que non naceu estritamente no seo da xerarquía eclesiástica, senón no sentir común dun grupo de fieis laicos brioneses” dende o século XIX. Ademais, engadíronse novas imaxes de grupos de veciños desfrutando desta festa dende principios de século.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Xunta lembra que a Romaría de Santa Minia, en Brión (A Coruña), celébrase cada 27 de setembro. Ademais das manifestacións de carácter relixioso, a celebración conta con actuacións musicais, gastronomía e, desde hai xa anos, unha programación complementaria con actividades socioculturais diversas. O número de visitantes oscila entre as 30.000 e 50.000 persoas.

Etiquetas

brionsanta minia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

Doloroso minuto de silencio en Brión
Comarca

Doloroso minuto de silencio en Brión

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche
Destacado

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche

O alcalde de Brión abre a porta a unha candidatura fóra do PSOE
Destacado

O alcalde de Brión abre a porta a unha candidatura fóra do PSOE