ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportes

A USC acollerá este xoves o Campionato Galego Universitario de Natación 2024

 

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de febrero de 2024 a las 19:24

Compartir

 

 

26/02/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, destacou o papel de Compostela como «cidade de acollida» para este evento e engadiu que dende o primeiro momento tiveron claro que «Universidade e Concello teñen que ir collidos da man».

A USC será a anfitrioa do Campionato Galego Universitario de Natación 2024 que se desenvolverá o vindeiro 29 de febreiro na Piscina Universitaria. Arredor dun cento de persoas entre deportistas, persoal técnico das universidades, organización, xuíces, e cronometradores/as participan neste evento que, tal e como destacou o reitor Antonio López Díaz, evidencia o compromiso da USC coa alianza entre Universidade e Deporte. «Esta é unha alianza imprescindible, moi necesaria, e que achega moitos valores dende múltiples puntos de vista para a sociedade», explicou o reitor.

Na presentación do Campionato, que tivo lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, tamén interviñeron José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Antonio Leira Piñeiro, deputado provincial de Deportes da Deputación da Coruña; Pilar Lueiro García, concelleira de Deportes de Santiago de Compostela; Juan Carlos Brión Lema, presidente da Federación Galega de Natación; e José Rioseco Díaz, presidente do Club Natación Cidade de Santiago.

«Estamos a apoiar un deporte que realmente merece a pena», dixo José Ramón Lete Lasa, quen tamén felicitou as universidades polo seu impulso da natación, feito que fai que «o estudantado teña unha vida mellor», afirmou. Pola súa parte, Antonio Leira puxo o foco na colaboración entre administracións «que fai que sexamos imparables», subliñou, para despois destacar «o potencial enorme» que Galicia alberga nesta modalidade deportiva.

Maioría feminina Na competición, a maioría dos deportistas son mulleres. En concreto, daranse cita un total de 44 nadadoras e 35 nadadores. De entre o conxunto de participantes 30 proceden da USC, 22 da UDC e 27 da UVigo. O campionato abracará dez probas da categoría absoluta feminina, outras dez da absoluta masculina, e dúas probas de remudas mixtas. Cada Universidade pode participar como máximo con catro deportistas por proba e cada deportista, como máximo, poderá participar en dúas probas individuais, á marxe das probas de remudas nas que sexa seleccionado/a. Os xuíces serán designados pola Federación Galega de Natación.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As probas desenvolveranse entre as 11.30 e as 13.00 horas deste xoves 29 e ao remate procederase á entrega de medallas e trofeos. A USC organiza o Campionato 2024 e conta coa colaboración da Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Federación Galega de Natación e Club Deportivo Natación Cidade de Santiago. No ano 2022, a UVigo foi a institución anfitrioa, mentres que en 2023 foi a quenda da UDC.

Etiquetas

compostelagalicianatacionradio lider santiagosantiagousc
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock