ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia Líder

A resistencia do rural galego fai historia en Santiago ao berro de «ALTRI NON»

 

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de diciembre de 2024 a las 20:27

A praza do Obradoiro durante a protesta | RRSS

Compartir

Santiago de Compostela viviu o pasado domingo 15 de decembro unha das maiores manifestacións na súa historia recente. Unhas 100.000 persoas congregáronse no Obradoiro e nas rúas da cidade para expresar o seu rexeitamento á instalación dunha planta de celulosa que a empresa Altri pretende construír en Palas de Rei, no corazón da comarca da Ulloa. Convocada pola plataforma veciñal Ulloa Viva, a mobilización marcou un fito na loita social e ambiental en Galicia.

“Foi unha cousa excepcional”, declarou Mónica Cea, portavoz de Ulloa Viva, nunha entrevista este luns en Radio Líder quen destacou o carácter transversal da convocatoria. “Aquí estamos representados todos os estratos da sociedade galega. Non hai ideoloxías políticas; estamos loitando xuntos pola nosa terra”.

O proxecto de Altri, que ocuparía 366 hectáreas e consumiría 46 millóns de litros de auga diarios, é visto como unha ameaza directa ao medio ambiente e ao modo de vida das comunidades locais. Segundo os organizadores, a planta non só xerará contaminación e destrución de terreos agrícolas, senón que tamén comprometerá o futuro económico da rexión, que depende do turismo sustentable e da agricultura ecolóxica.

“O proxecto que presentan non ten nada que ver co que nos venderon inicialmente”, denunciou Cea. “Queren expropiar terras, danar a ría de Arousa e cambiar o noso modelo socioeconómico para que os beneficios acaben nas mans de uns poucos”.

Os veciños tamén critican o impacto a longo prazo: o proxecto de Altri comprometería recursos durante 75 anos, deixando ás futuras xeracións cun territorio irrecuperable. Ademais, aseguran que os postos de traballo prometidos son “mínimos” en comparación cos que se destruirían no sector primario e en iniciativas sustentables.

Outro dos puntos quentes da loita contra Altri é o papel da desinformación. “Están a investir grandes cantidades en publicidade enganosa para lavar a cara do proxecto”, afirmou Cea. A portavoz referiuse a páxinas enteiras publicadas nos principais xornais galegos, onde a empresa asegura que a planta será totalmente respectuosa co medio ambiente. “Publicidade non é información. Eles están intentando confundir á xente”, engadiu.

Desde Ulloa Viva subliñan que a resistencia veciñal foi clave para contrarrestar esta campaña mediática. Durante meses, a plataforma organizou charlas informativas e distribuíu materiais que desmontan os argumentos da empresa. “Se tan seguros están dese proxecto, por que non nos deixan expoñer a nosa denuncia en Europa?”, preguntouse a portavoz.

A protesta conta co respaldo de destacadas figuras políticas como Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do goberno, quen expresou publicamente o seu rexeitamento ao proxecto. Tamén forzas políticas como o BNG e o PSdeG apoiaron a manifestación. Porén, Ulloa Viva critica a postura do PP, que bloqueou recentemente un debate sobre Altri no Parlamento Europeo.

“Nos somos unha representación do que é Galicia, con persoas de todas as ideoloxías. O único partido que non nos apoia son os que están nos cargos máis importantes do PP. Pero mesmo os seus votantes de base están connosco”, afirmou.

Desde Ulloa Viva propoñen un modelo de desenvolvemento baseado no turismo sustentable, aproveitando a presenza do Camiño de Santiago, e no fortalecemento das iniciativas agrícolas e gandeiras locais. “Temos proxectos innovadores que están sendo recoñecidos e premiados. Queremos apostar polo que xa funciona, sen destruír o noso patrimonio natural e cultural”, explicou.

A plataforma adiantou que continuará mobilizándose e explorando todas as vías legais para frear o proxecto. “Non empezamos todo isto para quedarnos polo camiño. Seguiremos loitando ata o final, porque esta causa non é só nosa, senón de toda Galicia”, asegurou.

Os organizadores fixeron un chamamento á Xunta de Galicia para que escoite á poboación e reflexione sobre as consecuencias deste proxecto. Mentres tanto, Ulloa Viva segue unida, convencida de que, con esforzo e persistencia, lograrán deter a planta de Altri.

A mobilización do domingo pasado non foi só unha protesta; foi unha declaración de amor por Galicia e un compromiso coa súa defensa. “Sentimos o respaldo da poboación galega. Non estamos sós, e iso dános forzas para seguir adiante”, concluíu Mónica Cea.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

altricompostelaEntrevistamanifestacionsantiagoulloa viva
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, convidado este martes nos Almorzos do Gran Hotel Los Abetos
Actualidad

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, convidado este martes nos Almorzos do Gran Hotel Los Abetos