ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

A Maker Faire Galicia reinvéntase na súa décima edición

18/06/2024 A Maker Faire Galicia celebra neste 2024 a súa décima edición, e faino estreando un formato innovador. Este ano, o evento, un dos máis destacados do mundo maker en Europa, estenderáse durante varios meses, con tres xornadas independentes dedicadas a tres temáticas fundamentais: emprendemento e innovación social, oficios e artesanía e industria. A primeira cita da Maker Faire será o próximo 29 de xuño en Área Central.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de junio de 2024 a las 19:39

Compartir

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou a X edición da Maker Faire Galicia nunha rolda de prensa na que tamén participaron o coorganizador do evento, Marcos Saavedra; o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández: a directora do IGAPE, Covadonga Toca; e a xerente de Área Central, Sara Castedo. A tenenta de alcaldesa lembrou que «o Concello de Santiago mantén unha estreita colaboración co mundo maker, que estamos a reforzar con iniciativas novidosas que nos permitirán visibilizar o talento e a creatividade que temos en Santiago». María Rozas tamén puxo en valor que a primeira xornada da Maker Faire se celebre en Área Central, «un espazo que reivindicamos como comercio de proximidade, lonxe dos formatos de centros comerciais, e que iniciativas coma esta axudan a revitalizar».

Marcos Saavedra, coorganizador da Maker Faire, agradeceu que o evento «manteña os apoios cos que naceu hai 10 anos, e sen os que podería medrar como medrou». Ademais, explicou que o novo formato desta décima edición «procura que se fale da Maker Faire durante todo o ano, e facilítanos traer máis ponentes». Saavedra mostrouse moi satisfeito «coas temáticas elixidas, diferentes doutras edicións, e que teñen en conta problemáticas e retos nas que os makers tamén temos moito que achegar».

Xornada de emprendemento e innovación social

A primeira das xornadas a Maker Faire celebrarse en Área Central o 29 de xuño, centrada na innovación social e o emprendemento, con charlas, obradoiros e presentacións de máis de 45 proxectos nas categorías de Minimakers, Makers, Divulgación e Innovación Social. O evento arrancará ás 10 da mañá, e ao longo de toda a xornada sucederánse charlas de diferentes persoas referentes e presentacións de proxectos impulsados tanto desde o sector público como do privado. A xonada finalizará cunha entrega de premios e o concerto de Mary Iglesias.

Obradoiros

A concellaría de Promoción Económica participa na xornada do día 29 impulsando unha serie de actividades paralelas, como obradoiros de tattoo, stencil, cúpulas xeodésicas, origami matemático ou pintura de pezas 3D. Tamén haberá scape room, monólogos científicos e mesmo espectáculos de maxia vinculados á tecnoloxía.

Todas as actividades da xornada da Maker Faire, serán de balde. Ademais, haberá servizo de ludoteca para as crianzas.

Próximas xornadas

Despois da xornada do 29 de xuño, a Maker Faire volverá cunha xornada dedicada aos oficios, o 8 de novembro na sede da Fundación Laboral da Construción, coa participación de Artesanía de Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O 13 de decembro, e coa colaboración do IGAPE, celebrarase unha xornada dedicada á innovación no ámbito da industria, que se desenvolverá no Biopolo Sionlla.

Etiquetas

area centralcompostelagaliciaMaker Faire Galiciaradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock