ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A Filloa de Lestedo e os Xenerais da Ulla fanse un oco na LVII Feira do Cocido de Lalín

Boqueixón, 24 de febreiro de 2025.- As filloas de Lestedo e os atranques dos Xenerais da Ulla estiveron presentes por primeira vez no día grande da LVII Feira do Cocido de Lalín, celebrada onte na capital do Deza. Unha presenza froito do acordo de irmandamento entre a Festa da Filloa de Lestedo e a Feira do Cocido de Lalín asinado a principios de mes polos alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e de Lalín, Xosé Crespo Iglesias.

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de febrero de 2025 a las 21:17

Compartir

Un alcalde que salientou a “emotiva irmandade entre o Cocido de Lalín e a Festa da Filloa de Lestedo, arroupada polos xenerais da Ulla, que terá a súa contrapartida o próximo 9 de marzo, cando o Cocido será o protagonista do Xantar da Filloa”. Un atranque ante milleiros de persoas ofrecido por Uxía e José Canabal, xenerais de Boqueixón, a lomos dos seus respectivos cabalos.

Así mesmo, Ovidio Rodeiro aproveitou a súa presenza no palco de autoridades para promover o consumo de filloas de Lestedo entre personalidades como o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o embaixador do Xapón en España, Takahiro Nakamae; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López; o presidente da Real Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán; así como gran parte do Goberno da Xunta (cos conselleiros/as de Presidencia, Educación, Sanidade, Cultura, Medio Rural e Emprego); ou os novos comendadores do Cocido.

Showcooking e xantar do Cocido

A próxima semana terá lugar a devolución da visita a Boqueixón por parte da Feira do Cocido. Así, o luns 3 de marzo, o chef Álex Iglesias, do restaurante Cabanas, protagonizará un showcookin sobre o Cocido de Lalín. Será ás 19:00 horas no local social de Lestedo. A entrada é de balde, sendo precisa inscrición previa en www.festadafilloadelestedo.gal.

A maiores, o domingo 9, a XLII Festa da Filloa de Lestedo ofrecerá un Cocido da Filloa, elaborado tamén polo cociñeiro Álex Iglesias. Un auténtico cocido lalinense con filloas de Lestedo e carnes propias desta terra que poderá degustarse a partir das 14:30 horas no pavillón de Lestedo, cando remate o pregón e os atranques dos Xenerais da Ulla.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Xantar da Filloa terá un prezo de 37 euros para persoas adultas, 12 euros para o menú infantil (de 6 a 12 anos) e de balde para rapazada menor de 6 anos. O menú estará composto por un Cocido Completo (sopa de cocido, cacheira, lacón, costela, entrefebrado, polo, morro, orella, chourizo ceboleiro, unllas, rabo, grelos, pataca, garavanzos e faldra de tenreira galega), bebidas e sobremesa (filloas e outros doces). Inscricións ata o 4 de marzo en www.festadafilloadelestedo.gal.

Etiquetas

feira do cocidolalinLestedoxenerais da ulla
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

Ovidio Rodeiro reivindica o investimento histórico en saneamento e pon en valor o músculo festivo de Boqueixón
Comarca

Ovidio Rodeiro reivindica o investimento histórico en saneamento e pon en valor o músculo festivo de Boqueixón

Comezan as obras de construción de dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo
Comarca

Comezan as obras de construción de dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo

Concello de Boqueixón e Deputación asinan un convenio de 30.000 € para a Festa da Filloa de Lestedo
Comarca

Concello de Boqueixón e Deputación asinan un convenio de 30.000 € para a Festa da Filloa de Lestedo