ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaDestacado

A Casa das Máquinas convertese nun novo centro sociocultural

22/06/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, participaron esta mañá no acto de apertura da Casa das Máquinas, na rúa de Galeras, que se converte dende hoxe nun novo espazo dentro da rede de equipamentos socioculturais cos que xa conta Santiago. Asistiron tamén membros da corporación e representantes de diferentes asociacións e colectivos tanto do barrio como do conxunto de Compostela.

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de junio de 2024 a las 23:25

Compartir

A apertura da Casa das Máquinas foi tamén, tal e como explicou Xan Duro, un acto «para recuperar a memoria de barrio, porque a rehabilitación do edificio é unha magnífica oportunidade para achegarnos á historia do edificio, que representa a chegada da modernidade a Compostela e da feminización do traballo, nos que Galeras tivo tanta importancia». Sobre esas cuestións reflexionaron Encarna Otero Cepeda e Xoan Carmona Badía, nun coloquio sobre a historia do barrio e a súa vinculación co Sarela. O acto contou ademais, coa animación do grupo Pistacatro.

Un espazo aberto á veciñanza

A Casa das Máquinas empregarase a partir de agora como centro sociocultural e poderá acoller actividades das distintas asociacións e colectivos do barrio de Galeras. O concelleiro Xan Duro agradeceu o traballo de todas as persoas e institucións «que fixeron posible que hoxe contemos con este novo equipamento, desde o Concello de Santiago desde hai xa varios anos, e desde a Deputación da Coruña, que contribuín ao financiamiento da súa rehabilitación». O concelleiro de Centros Socioculturais explicou que «a Casa das Máquinas fica desde hoxe ao servizo do barrio de Galeras, do conxunto do tecido asociativo de Santiago, co compromiso do Concello de seguilo dotando do equipamento e do mobiliario preciso para que este espazo sexa un novo referente na cidade e que sexa catalizador de tantas e tantas propostas e iniciativas que existen en Compostela».

Pola súa banda, a alcaldesa lembrou tamén a historia do edificio da Casa das Máquinas e o protagonismo que a luz tén tamén na historia de Santiago «desde a lenda que fala das orixes de Compostela e das luces no monte Libredón,pasando por grandes fitos como que a que hoxe é a facultade de Xeografía e Historia foi o primeiro edificio público iluminado no Estado español cun arco voltaico, e ata a propia orixe do edificio hoxe rehabilitado, construido por Cooperativa Santiaguesa como reacción ao monopolio da electricidade».

Recuperar espazos públicos e darlles outra vida

Goretti Sanmartín incidiu tamén en que «a Casa das Máquinas súmase hoxe a unha longa lista de edificios rehabilitados e postos ao servizo da veciñanza, moitos deles para darlles outra vida dentro da rede de Centros Socioculturais, como son as antigas escolas de Figueiras, Laraño ou San Lourenzo, ou a vella estación de Cornes». Nesa liña, a alcaldesa deulle a benvida ao inmoble de GAleras «a unha nova etapa na que mantén a súa función de servizo público, de acubillo da veciñanza, mais tamén de visitantes, en canto que espazo de usop olivalente, dedicado á cultura, á aprendizaxe e ao lecer colectivo»

O edificio, un dos mellores exemplos da arquitectura industrial moderna da cidade, foi unha das infraestruturas que nos anos oitenta quedou incorporada ao primeiro catálogo de construcións protexidas de Santiago fóra da cidade histórica. E así, con esa protección, se mantivo nos PXOM de 1989 e de 2007, cando o Concello se fixo coa propiedade do edificio, que pertencía a Unión Fenosa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Nas obras de rehabilitación do espazo, que se realizaron en tres fases e nas que se investiron máis de 400.000 euros, participou tamén a Deputación da Coruña, cunha achega de algo máis de 200.000 euros.

Etiquetas

casa das maquinascentro socioculturalcompostelagalerasradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha