ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A Baña celebra o 7 de xuño a cuarta edición do Torneo de Xadrez

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de mayo de 2025 a las 15:36

Compartir
  • A cita é valedoira para o IX Circuíto Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2025
  • O campionato comezará ás 15:45 horas no polideportivo municipal
  • As inscricións poderán realizarse ata o 6 de xuño a través do email torneos@galichess.com ou no teléfono 617 234 393
  • A organización repartirá ata 700 euros en premios

A Baña. 13-5-2025.- O polideportivo municipal da Baña acolle o sábado 7 de xuño unha nova edición do Torneo de Xadrez Concello da Baña, que nesta ocasión será valedoiro para o IX Circuíto Intercomarcal de Xadrez Deputación da Coruña.

A cita iniciarase ás 15:45 horas coa presentación dos participantes, e o comezo da primeira rolda será ás 16:00 horas. A clausura está prevista arredor das 21:00 h.

O torneo disputarase baixo o sistema suízo a 7 ou 8 roldas (en función do número de xogadores) cun ritmo de xogo de 10 minutos + 3 segundos por xogada, e será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. A inscrición está aberta a persoas federadas, aínda que a organización poderá tramitar federacións para quen o precise.

Inscricións e premios

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ata o venres 6 de xuño a través do correo electrónico torneos@galichess.com ou no teléfono 617 234 393. O custe da inscrición é de 10 € (xeral), 7 € (sub-16) e 5 € (persoas empadroadas na Baña). Os pagamentos deben facerse de forma anticipada por transferencia (Caixabank ES15 2100 5097 2002 0012 6301) ou Bizum (617234393) indicando nome e apelidos e o epígrafe ‘inscrición torneo’. Os pagamentos efectuados o propio día do torneo levarán un recargo de 2€.

A organización repartirá 700 euros en premios, incluíndo trofeos nas diferentes categorías (xeral, locais, por tramos de ELO, idades e veteráns). Ademais, sortearase un cheque regalo de Gadis ou unha cesta de Frutas Fondo entre as persoas participantes non premiadas.

Con esta iniciativa, o Concello da Baña reafirma o seu compromiso co deporte estratéxico, educativo e integrador como é o xadrez, ofrecendo á veciñanza e visitantes un evento de referencia dentro do calendario deportivo da comarca.

As persoas que se acheguen ao municipio o día do torneo poderán tamén gozar da oferta hostaleira local, con opcións de xantar en distintos establecementos da zona, como O Arranca, Parrillada Begomar, Casa Salvador ou a Parrillada O Val de Barcala.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para máis información e acceso ás bases completas pode consultarse na web do Concello ou a web oficial do evento www.galichess.com

Etiquetas

a bañaXadrez
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.