ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportes

A Baña celebrará o sábado 4 de abril o seu I Torneo de Tenis de Mesa

• Esta nova cita forma parte do amplo programa de actividades deportivas municipais previstas para este 2026 e nace coa vocación de consolidarse como un espazo de encontro interxeracional
• O torneo disputarase pola tarde no Pavillón de San Vicenzo e as persoas interesadas xa poden inscribirse a través dun código QR ou ben chamando ao teléfono 669 368 423

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de marzo de 2026 a las 14:09

Compartir

A Baña.25-3-2026.- O Concello da Baña continúa reforzando a súa aposta pola promoción de hábitos de vida saudables e a dinamización social a través do deporte coa organización da primeira edición do Torneo de Tenis de Mesa da Baña, que se celebrará o vindeiro sábado 4 de abril no Pavillón de San Vicenzo.

Esta nova cita, incluída no amplo programa de actividades deportivas municipais de 2026, nace coa vocación de consolidarse como un espazo de encontro interxeracional, aberto á participación de veciños e veciñas de todas as idades.

Organizado polo Concello da Baña, a través da Concellería de Deporte e coa colaboración da Deputación da Coruña, o torneo dará comezo ás catro da tarde e está previsto que remate arredor das 19.00 horas. A organización recomenda ás persoas participantes presentarse no pavillón con 15 minutos de antelación para facilitar a configuración dos grupos e o correcto desenvolvemento da competición.

Co obxectivo de garantir unha participación equilibrada, establécense tres categorías en función do ano de nacemento das persoas participantes:
• Categoría Benxamín: nacidos no 2016 ou posteriores
• Categoría Infantil: nacidos entre 2012 e 2015
• Categoría Absoluta: nacidos no 2011 ou anteriores

A competición estrutúrase en dúas fases. Nunha primeira fase de grupos, os xogadores competirán entre si nun sistema de todos contra todos. Posteriormente, os mellores clasificados accederán á fase final, que se disputará mediante eliminatorias directas ata chegar ás finais de cada categoría.
O torneo contará con premios para os dous primeiros clasificados de cada categoría, recoñecendo así o esforzo, a habilidade e o espírito deportivo das persoas participantes.

Inscricións abertas

As persoas interesadas en participar no I Torneo de Tenis de Mesa da Baña xa poden formalizar a inscrición, que é gratuíta, a través do código QR incluído no cartel da proba ou chamando ao número de teléfono 669 368 413.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Desde o Concello da Baña anímase a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa, tanto competindo como asistindo ao evento de público, co obxectivo de converter esta xornada nunha auténtica festa do deporte e da convivencia.

Etiquetas

a bañadeportestorneo tenis de mesa
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A bañense Aitana Capeáns conquista o ouro en Fuerteventura cun lanzamento de 15,41 metros
Deportes

A bañense Aitana Capeáns conquista o ouro en Fuerteventura cun lanzamento de 15,41 metros

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española