ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

A Baña celebra unha nova edición dos Maios para darlle a benvida á primavera

 

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de abril de 2026 a las 15:58

José Antonio Pereira Gil, alcalde do Concello da Baña | Arquivo

Compartir

A xornada desenvolverase o 10 de maio cun programa que combina tradición, participación veciñal e actividades culturais

A programación prevé un xantar veciñal pensado como punto de encontro ao longo da xornada

A Baña.14-4-2026.- O Concello da Baña organiza o domingo 10 de maio unha nova edición dos Maios, unha iniciativa que xa se levou a cabo o pasado ano e que busca recuperar e poñer en valor tradicións propias de Galicia vinculadas á chegada da primavera. A actividade desenvolverase entre as 10.00 e as 20.00 horas na Praza do Concello.

A programación comezará cun obradoiro de elaboración de maios impartido por Oli Xiráldez, no que as persoas participantes aprenderán a construír estas estruturas tradicionais a partir de materiais naturais. O proceso inclúe a recollida de fiúncho e doutros elementos vexetais, así como o seu ensamblaxe e tecido sobre unha estrutura interna, seguindo as técnicas tradicionais.

Ao longo da xornada está previsto tamén un espazo para o encontro veciñal arredor dun xantar compartido, no que cada persoa deberá levar a súa propia comida. No caso de que o tempo acompañe, esta actividade realizarase ao aire libre na área recreativa do río Albariña, mentres que en caso de choiva ou baixas temperaturas trasladarase a unha instalación municipal.

A programación da tarde inclúe unha sesión de regueifas a cargo de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, que ademais de amosar esta expresión da tradición oral galega, ofrecerán nocións básicas para facilitar a participación do público. A xornada rematará cun espectáculo de monicreques para público familiar, Latexos. As lendas do Castro, a cargo de K’Paparota Teatro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Todas as actividades están previstas inicialmente na Praza do Concello, aínda que, en función da climatoloxía, poderán trasladarse ao centro sociocultural. A iniciativa está organizada pola Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía.

Etiquetas

a bañaos mallosprimavera
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A bañense Aitana Capeáns conquista o ouro en Fuerteventura cun lanzamento de 15,41 metros
Deportes

A bañense Aitana Capeáns conquista o ouro en Fuerteventura cun lanzamento de 15,41 metros

A Baña celebrará o sábado 4 de abril o seu I Torneo de Tenis de Mesa
Comarca

A Baña celebrará o sábado 4 de abril o seu I Torneo de Tenis de Mesa

A Baña celebra un Magosto o sábado 18 de outubro
Comarca

A Baña celebra un Magosto o sábado 18 de outubro

Fallece un joven de 28 años al chocar contra un árbol en A Baña
Comarca

Fallece un joven de 28 años al chocar contra un árbol en A Baña