ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

VIDEO | O escritor bilbaíno de orixe xalleiro Iñaki Túrnez recibe o premio Camilo José Cela

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de febrero de 2024 a las 16:29

Compartir

 

 

  • O acto celebrouse na fundación que leva o nome do premio Nóbel
  • “Divina Apostasía é o meu relato máis disparatado e irreverente. Estou seguro que a don Camilo non lle ía a escarmentar en absoluto”, dixo o gañador
  • O trío de Inés Carreño No Stress puxo a nota musical ao acto

Padrón. 3-2-2024.- “Recibo este premio en honor a unha xalleira, a miña bisavoa Carmen Turnes. O bisneto volve a casa”. Con estas palabras recollía onte Iñaki Túrnez o premio da 33ª edición do Premio literario Camilo José Cela, que cada ano convoca o Concello de Padrón e que lle entregou o alcalde no paraninfo da fundación que leva o nome do Nóbel de literatura.

A esta edición do premio presentáronse máis dun cento de relatos de toda España. “É xa un certame cunha forte implantación, e aínda que se diga que nunca son bos tempos para a literatura, aquí estamos, entregando o premio da 33ª edición dun dos certames literarios máis consolidados de todo o Estado”, dixo o alcalde, Anxo Arca.

O premio está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña co busto do escritor. Tras recoller o galardón, Iñaki Túrnez asegurou que “Divina Apostasía é o meu relato máis disparatado e irreverente. Cando o rematei, atopei as bases do Premio Camilo José Cela e díxenme: isto a don Camilo non lle ía a escarmentar en absoluto”, polo que decidiu presentalo ao certame.

Na súa intervención, Túrnez lembrou tamén os seus orixes galegos. “Recibo este premio en honor a unha xalleira, polo que se pode dicir que o bisneto volve á casa”, asegurou. De feito, Túrnez presentouse ao certame que dende 1989 convoca anualmente o Concello de Padrón co seudónimo Santa Comba.

O acto celebrouse este ano non paraninfo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Tras a intervención do galardoado, o trío de Inés Carreño No Stress ofreceu un pequeno concerto, que comezou o tema Gracias a la vida e rematou co coñecido Quizás, quizás, quizás.

Iñaki Túrnez García é diplomado pola Escuela Universitaria de Estudios Empresariales de Bilbao, cidade onte traballa como asesor fiscal. Ademais de colaborar en revistas literarias e en diversas antoloxías, conta xa con varios premios literarios entre os que destacan a XVI edición do Premio de novela breve Salvador García Aguilar coa súa primeira novela La chica de los juegos; a IX edición do Premio Encina de plata, con Piel de mail; ou o VIII Certamen internacional de novela corta Giralda coa obra No es tiempo de claudicar. A súa cuarta novela publicada, El portal de la desesperanza, foi tamén finalista do VI Premio literario Multiverso.

Contemporaneidade do relato

O xurado do XXXIII Premio literario Camilo José Cela valorou do texto gañador “a contemporaneidade do relato, a intensidade descritiva dalgunha das escenas así como o manexo do elemento sorpresa que o dotan dun estilo cru e vangardista”. Anxo Arca, presidente do xurado, destacou tanto o incremento do número de relatos presentados nesta edición, con máis dun cento, “como o aumento notable da calidade dos mesmos”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais do alcalde, formaron parte do xurado Carlos Arias Iglesias, funcionario da Xunta de Galicia, escritor e gañador do concurso na segunda edición; Beatriz Vázquez Lorenzo, licenciada en Filoloxía inglesa; Inés Mosquera Calvo, mestra de Educación Primaria e investigadora do Centro Ramón Piñeiro; Esteban Folgar Brea, profesor de lingua e literatura do IES da Estrada; Covadonga Rodríguez del Corral, directora xerente da Fundación Pública Galega Camilo José Cela; e Mª Cruz Taboada Álvarez, funcionaria do Concello de Padrón.

Etiquetas

camilo jose celaculturaLiteraturapadronpremio
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos