ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O concelleiro de Vivenda informa do inicio do estudio do mercado tensionado en Santiago

19/07/2024 O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, explicou no pleno ordinario deste mes de xullo os pasos que deu o goberno local no marco das políticas públicas de vivenda que está a impulsar e que é un dos eixos deste mandato. Así, avanzou que xa está en marcha o estudo sobre o mercado residencial que realiza o Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña. Precisamente, este xoves mantivo unha reunión no Pazo de Raxoi con dous integrantes deste grupo de investigación, no que puideron analizar os primeiros resultados, de carácter provisional e preliminar.

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de julio de 2024 a las 22:18

Compartir

No transcurso do pleno, en resposta a unha interpelación socialista, Iago Lestegás remarcou que este goberno «non agarda de brazos cruzados a que se resolva a problemática do arrendamento de tempada». O Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña está a elaborar o estudo que a Xunta de Galicia lle esixe ao Concello para, cando proceda, solicitar a declaración do municipio como zona de mercado residencial tensionado.

Con todo, o concelleiro incidiu en que o goberno local impulsa esta acción aínda que «esta documentación debería preparala a propia Xunta». Asemade, explicou que este goberno considerou conveniente e «prudente» agardar a que o goberno central complete a regulación do prezo do alugueiro incorporando tamén a ela o arrendamento de tempada, porque agora mesmo é unha «fenda» na lei polo dereito á vivenda e para evitar efectos non desexados acontecidos noutros territorios nos últimos meses.

Lestegás informou da xuntanza co Grupo de Estudos Territoriais, que mostrou resultados preliminares e provisionais do seu traballo que revelan que o que máis tensiona o mercado residencial de Santiago de Compostela é o arrendamento e que o indicador dos previstos no artigo 18 da lei polo dereito á vivenda que mostra resultados máis alarmantes é a variación acumulada do prezo do alugueiro entre 2018 e 2023.

«Os resultados que temos son aínda preliminares e provisionais, pero son moi útiles e ilustrativos, confirman, cuantifican e matizan algunhas tendencias evidentes pero tamén revelan algúns fenómenos que non o son tanto e que son interesantes», manifestou o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica.

Así as cousas, Lestegás remarcou que este goberno «está dando os pasos necesarios» para a declaración do municipio como zona de mercado residencial tensionado, sendo «conscientes» dos elementos positivos, pero tamén, sinalou, sendo coñecedores «das eivas da Lei polo dereito á vivenda que é necesario corrixir tendo en conta a experiencia doutros territorios». Neste sentido, referiuse á proposición de lei impulsada polos sindicatos de inquilinos para apelar a que «o Congreso dos Deputados terá a oportunidade» de corrixir estas eivas cando someta a consideración e votación esta iniciativa lexislativa.

Outros asuntos

No pleno ordinario de xullo tamén se trataron unha serie de asuntos de carácter económico, entre eles, a aprobación de tres créditos extraordinarios por importe de 1.980.344,63; 148.736,67; e 40.000 euros, así como dun suplemento de crédito de 11.605,88 para o pago de diversos conceptos.

Así mesmo, o pleno deu luz verde por unanimidade á prórroga do convenio de colaboración formalizado o 1 de outubro de 2020 entre a Xunta de Galicia e os Concellos de Santiago e Teo, para a coordinación dos servicios de transporte público con orixe e destino na urbanización dos Tilos, nos termos nos que foi redactado, por catro anos adicionais, ata o 30 de setembro de 2028.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tamén se aprobaron por unanimidade dúas proposicións do grupo municipal do PP para a creación dunha estratexia para un Santiago de Compostela amigable coas persoas maiores e para a reordenación da oficina de información municipal de urbanismo e vivenda.

Etiquetas

compostelapoliticaradio lider santiagosantiagourbanismovivenda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego