ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducaciónSociedad

Xuventude achega aos centros educativos o programa de atención á saúde mental dos menores

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de abril de 2024 a las 12:08

Compartir

 

 

18/04/2024 A Concellaría de Xuventude pón en marcha un novo programa de atención á saúde mental dos menores, que se desenvolverá nos centros educativos de Santiago en colaboración coa Asociación Itínera. A responsable do departamento, María Rozas, explicou que o obxectivo é «darlle continuidade ao traballo iniciado o ano pasado para informar sobre os trastornos mentais máis frecuentes, evitar os estigmas e previr as condutas de risco entre a poboación máis nova». A concelleira presentou as actividades nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Carlos Martínez Uzal, coordinador de Itínera; o psicólogo Pablo López e a pedagoga Andrea Romero.

Segundo os datos de UNICEF relativos ao Estado, case o 21% dos mozos e mozas de entre 10 e 19 anos sofren trastornos mentais como depresión, ansiedade, trastorno bipolar, desordes alimentarios, desordes de conduta ou déficit de atención. No caso de Galicia, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude explicou que «case o 18% dos adolescentes teñen síntomas de depresión e o 13% teñen ideas suicidas recurrentes, segundo un estudo elaborado pola Universidade de Santiago en 2022». María Rozas lembrou que «os problemas de saúde mental, especialmente entre a mocidade, téñense incrementado de maneira moi notable despois da pandemia da Covid-19, ao mesmo tempo que cremos que tamén aumentou a preocupación social ao respecto». Nese sentido, a concelleira lembrou que «unha das propostas seleccionadas no proceso de Orzamentos Participativos é a organización de charlas divulgativas sobre saúde mental dirixidas á mocidade, e iso dános unha mostra de que os propios mozos e mozas están concienciados da necesidade de actuar ao respecto».

Pola súa parte, o representante de Itínera incidiu na importancia dos programas preventivos e na atención temperá para evitar situacións de risco para a saúde mental da xuventude, e explicou que «os mozos e as mozas mostran moitas reticencias para falar da propia saúde mental e por iso é preciso ofrecerlles un espazo no que sexan capaces de mostrar as súas inquedanzas, os seus sentimentos e as súas emocións». Carlos Martínez Uzal explicou que «en só cinco anos, a porcentaxe de mozos e mozas que din non ter experimentado problemas de saúde mental baixo do 62 ao 36%». Por iso, explicou, «é preciso adiantarse e traballar na prevención con grupos de idade máis baixos».

Sesións informativas nos centros educativos

O programa de atención á saúde mental dos menores impulsado polo departamento de Xuventude está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, e de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. Unha das accións previstas son sesións informativas, dúas con cada grupo participante, para explicar cales son os transtornos mentais máis frecuentes, previr condutas de risco e detectar situacións de vulnerabilidade, creando espazos de confianza nos que os mozos e mozas poidan participar expresando as súas dúbidas e inquedanzas.

As sesións baséanse na bidireccionalidade, e tal e como explicaron Pablo López e Andrea Romero, «no seu transcurso xorden problemáticas formuladas polos propios rapaces e rapazas, especialmente relacionadas co uso abusivo das redes sociais ou co bullying».

Ademais, dentro do programa prevense outras actividades diversas relacionadas coa saúde mental, que se adecuarán á demanda de cada centro educativo. Así, poderá haber círculos de conversación; programas de memoria nos que sexan alumnos e alumnas que sufriran experiencias como bullying ou depresión os que compartan as súas experiencias; talleres de habilidades sociais; sesións de arte terapia; terapia grupal ou actividades recreativas como excursións, deportes, ou xogos ao aire libre. As datas das actividades serán concretadas con cada centro educativo participante.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os centros educativos de Santiago que queiran participar no programa de atención á saúde mental dos menores poden solicitalo no departamento de Xuventude, a través do mail dptoxuventude@santiagodecompostela.gal. A día de hoxe teñen confirmada xa a súa participación catro colexios, con grupos que sumarán preto de 400 alumnos e alumnas. Na edición que se desenvolveu a finais do ano pasado participaron sete entros educativos e case 800 alumnos e alumnas.

Etiquetas

compostelaeducacionmenoresradio lider santiagosantiagosaude mentalsociedadexuventude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol