ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Xurxo Alonso gaña o Certame poético Rosalía de Castro

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de mayo de 2024 a las 18:38

Compartir
  • O tamén pintor nado en Bos Aires presentouse co lema ‘Actas de sospeita’
  • En opinión do xurado o traballo gañador “trátase dunha vista renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936”

Padrón. 10-5-2024.- O pintor e poeta vilagarcián Xurxo Alonso García é o gañador da décima edición do Certame poético Rosalía de Castro que organiza o Concello de Padrón. Alonso García presentouse ao certame baixo lema Acta de Sospeita cun traballo do que o xurado destacou que se “trata dunha visita renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936”.

Nado en Bos Aires en 1956 e residente en Vilagarcía dende os oito anos, Xurxo Alonso recibirá un premio de 1.500 euros e o seu poema (que se presentou sen título a este certame) será publicado na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

O xurado destacou que a obra de Xurxo Alonso “está dotada dunha lingua patrimonial moi rica e mantén unhas constantes estilistas de boa factura”, motivo polo que lle concederon este premio nun certame ao que se presentaron outros 43 traballos.

Licenciado en Bioloxía, Xurxo Alonso é pintor e poeta. Como poeta é autor de nove libros e recibiu, entre outros, os seguintes premios: Avelina Valladares, Johán Carballeira, Francisco Añón, Bouza-Brey, Concello de Carral, Cidade de Ourense, Díaz Castro, Torre de Caldaloba e Lueiro Rrey.

Como pintor, Alonso García realizou máis de setenta exposicións individuais e obtivo premios como a Bienal Cidade de Pamplona, Bienal de Pontevedra, Premio Gredos e Bienal Eixo Atlántico.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O xurado deste X Certame poético Rosalía de Castro reuniuse esta mañá na casa consistorial de Padrón, presidido polo alcalde, Anxo Arca. Forman parte do mesmo Anxo Angueira, profesor titular da área de Filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Vigo, presidente da Fundación Rosalía de Castro e académico da Real Academia Galega; Manuel Lorenzo Baleirón, escritor e mestre no IES Macías o Namorado de Padrón; Miriam Ferradáns Ferradás, poeta e graduada social; Inés Mosquera Calvo, tradutora, intérprete e escritora, e Rita Bugallo González, escritora e profesora de educación secundaria de Lingua galega e literatura. Actuou como secretaria, con voz pero sen voto, a animadora cultural do Concello de Padrón Beatriz Lorenzo Vázquez.

Etiquetas

Certame poeticopadronradio lider santiagorosalia de castro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol