ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducación

Xornadas de Portas Abertas na EASD Mestre Mateo o 20 e 21 de marzo

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de marzo de 2024 a las 10:39

Compartir

 

 

Os vindeiros mércores 20 e xoves 21 de marzo a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo amosará os seus talleres ao público.

A EASDMM leva formando no eido dos oficios artísticos e o deseño desde 1888

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (EASDMM) abre as súas portas ao público xeral os días 20 e 21 de marzo pola tarde. A visita está especialmente indicada para aquelas persoas que teñan interese en realizar os seus estudos superiores no centro. Durante a mesma visitaranse os talleres e aulas principais e informarase sobre a oferta formativa da Escola, así como sobre a forma de acceso.

As visitas realizaranse en dous turnos: ás 16h. e ás 18h., e teñen una duración aproximada de 2 horas. Para poder realizar a visita guiada as persoas interesadas realizarán a reserva a través da web easdmestremateo.gal

A EASDMM imparte na actualidade seis titulacións oficiais: tres títulos de grao (4 cursos; 240 créditos ECTS) e tres  títulos de Técnico Superior (2 cursos; 120 créditos ECTS). Cinco das mesmas impártense en exclusiva de forma pública na escola santiaguesa: os tres títulos de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño -Deseño de Moda, Deseño de Produto: itinerario xeral, e Deseño de Produto: itinerario DUAL en Xoiaría e Complementos-, e os Títulos de Técnico Superior en Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística. O CFGS en Fotografía impártese tamén nas EASD de A Coruña, Lugo e Ourense.

Un centro con pasado e futuro

O pasado xoves 14 de marzo aprobouse no congreso dos deputados o Proxecto de Lei pola que se regulan as ensinanzas artísticas superiores e se establece a organización e equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais, que persegue adecuar o funcionamento das escolas de arte e superiores de deseño aos novos tempos. Mediante esta lei estes centros e o seu alumnado equipáranse coas facultades e alumnado universitario.

A EASDMM iniciou a súa andaina como Escola de Artes e Oficios de Santiago hai 136 anos, o 19 de febreiro de 1888 no edificio San Clemente (actual instituto Rosalía de Castro). A inauguración foi presidida por Eugenio Montero Ríos, gran mentor do proxecto de creación da Escola. En 1946 realizouse o traslado ao actual edificio San Agustín, no que ocupaba soamente os andares baixo e primeiro (hoxe ocupa os cinco andares). O estado das instalacións era moi malo, de xeito que en 1958 realizouse un plan de acondicionamento e, en 1978 un proxecto de ampliación e reforma no que se engadiu un novo corpo facendo L co antigo e que creou unha praza na parte posterior do centro, tal e como se conserva hoxe: a Praza do Irmán Gómez.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Durante os seus máis de 136 anos a institución leva evolucionando paralela ao devir da sociedade santiaguesa, contribuíndo á formación de novos talentos e participando en eventos dentro e alén do territorio galego, como a Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929, cuxa peza principal pode aínda visitarse na Escola. En 1992 implantáronse no centro os ciclos formativos de grao superior; e en 2005 os novos estudos superiores de deseño, que evolucionaron máis adiante até convertirse nas actuais ensinanzas artísticas superiores de Deseño.

Etiquetas

compostelaEASD Mestre Mateoeducacionformacionportas abertasradio lider santiagosantiagoxornada
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»