ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarcaSociedad

Xa se coñecen os gañadores da cuarta edición do Canta con Ames

Trala actuación das/os finalistas, o xurado decidiu que as/os gañadoras/es desta edición son Anaís Fernández, na categoría de persoas ata 17 anos; Paula Barreiro, na categoría maiores de 18 anos; e Silvia Veiga e Cecilia Pardo, na categoría dúos e trío

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de agosto de 2024 a las 20:06

Compartir

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou a boa afluencia de público que tivo a final e tamén o éxito desta cuarta edición do certame. Así mesmo, agradeceu o traballo das distintas empresas de Ames que fixeron posible o Canta con Ames

Ames, 12 de agosto de 2024.– O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolleu este pasado domingo, 11 de agosto, a fase final da cuarta edición do concurso “Canta con Ames”. As/os finalistas interpretaron dous temas completos de distinto estilo musical. Trala actuación das/os finalistas, o xurado decidiu que as/os gañadoras/es desta edición son Anaís Fernández, na categoría de persoas ata 17 anos; Paula Barreiro, na categoría maiores de 18 anos; e Silvia Veiga e Cecilia Pardo, na categoría dúos e tríos. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou a boa afluencia de público que tivo a final e tamén o éxito desta cuarta edición do certame.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou o pasado domingo, 11 de agosto, a gran final da cuarta edición do “Canta con Ames”, que se desenvolveu no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Un gran número de veciños e veciñas achegáronse ata dito parque para ver en directo a actuación das/os 12 finalistas, que superaron as fases de preselección e semifinal previas.

A cuarta edición do «Canta con Ames» comezou coas dúas xornadas de preselección na que participaron 32 persoas. Tras a preselección e a semifinal, que se celebrou o pasado 4 agosto, o xurado seleccionou a 12 finalistas. Deste xeito, na final participaron Andrea Penas López, Nerea Nieto Abal, Amanda Motos Díaz, Luciana Ames Berdejo e Anaís Fernández Fernández (persoas ata 17 anos); Paula Barreiro Rey, Ana Belén Vica Conde, Abrahán González Estévez e Lucía Rodríguez Barbosa (maiores de 18 anos); o trío formado por Mariña Rodeiro Jorge, Daniela Hermo Fernández e Gabriel Hermo Fernández; e o dúo de Silvia Veiga Alende e Cecilia Pardo Ferreiro. A finalista Lucía Rabuñal non puido acudir á final por problemas de saúde.

Na final as/os 12 finalistas interpretaron dúas cancións de distinto estilo musical. Non puideron repetir temas entre elas/eles. Trala actuación das/os finalistas o xurado decidiu que as/os gañadoras/es da cuarta edición do “Canta con Ames” son  Anaís Fernández, na categoría de persoas ata 17 anos; Paula Barreiro, na categoría maiores de 18 anos; e Silvia Veiga e Cecilia Pardo, na categoría dúos e tríos.

Ademais, das/dos finalistas durante a final pasou polo escenario Samuel Fernández, que interpretou unha canción coa súa guitarra en homenaxe a Paco de Lucía.

Un dos momentos máis emotivos da final estivo protagonizado por Andrea Pernas, que quedou en terceiro lugar na categoría de persoas ata 17 anos, e que quixo compartir o seu premio con Nerea Nieto, outra das concursantes nesa categoría.

Por outra banda, houbo un recoñecemento especial para Rosa Arauzo, a participante de maior idade do concurso (78 anos), e para José Manuel Fernández concursante usuario da asociación Arcea-Adames. Tamén se recoñeceu o traballo da empresa Iluminaciones Santiaguesas polo traballo feito no concurso, e da Comisión de Festas de Bertamiráns que colaborou coa instalación dunha cantina durante as distintas fases do concurso.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, tivo palabras de agradecemento para as persoas que se inscribiron no Canta con Ames “porque sen elas non sería posible realizar esta concurso”. Tamén felicitou “a Anaís, Paula, Silvia e Cecilia, as gañadoras desta cuarta edición” e deulle as gracias a Ines Suárez, , Noelia Bellas e Lara López por formar parte do xurado desta edición, e a Loli Gómez por presentar as diferentes fases do concurso. Por último tamén “quero agradecer o traballo das empresas de Ames que fixeron posible o Canta con Ames: Mirabelle Comunicación, Froq Eventos, Iluminaciones Santiaguesas, Silvereira, e a froitería Tómate más fruta. Ademais, tamén hai que resaltar o traballo levado a cabo por Protección Civil de Ames, que estiveron presentes en todas as fases do concurso”. A concelleira tamén quixo poñer en valor “a participación das 32 persoas inscritas nesta edición do Canta con Ames” e convidou ás 29 persoas que non puideron gañar o certame a que se inscriban na próxima edición para tratar de gañar o concurso.

Premios

As 3 gañadoras foron premiadas, ademais de co correspondente premio económico, cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, preparada este ano pola froitería Tómate más fruta, de Bertamiráns, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, e a posibilidade de cantar nas prebadaladas de fin de ano.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amescanta con amesconcursoradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego