ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaSociedad

Xa podes escoitar ‘A nosa verbena’ do artista santiagués Ortiga, da man de Estrella Galicia

Estrella Galicia, lanza a canción do verán «A Nosa Verbena» en homenaxe ás festas galegas. Trátase dunha nova sintonía, composta polo artista santiagués Ortiga, onde se describe unha xornada típica de verbena, na que non faltan os amigos e familia, as comidas, as historias de amor acompañadas dunha orquestra e, sobre todo, moita alegría e ganas de pasalo ben.

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de mayo de 2024 a las 15:12

Compartir

Este himno a ritmo de cumbia, que estará a soar durante todo o verán nas  verbenas da comunidade, é un paso máis da cervexeira por continuar impulsando «A Nosa Verbena», a iniciativa que comezou fai tres anos para recuperar e preservar as festas galegas en risco de desaparecer.

Con iso, ademais de xerar un retorno económico aos negocios da zona, axúdase a manter vivo o espírito de comunidade que respiran este tipo de eventos. Neste sentido, manifesta Goretti Castro, responsable de Proximidade e Cultura en Hijos de Rivera: «As verbenas son un exemplo desa identidade galega da que sentimos tan orgullosos. Supón un impacto positivo medible en termos económicos, pero tamén en cuestións intanxibles de cultura, de orgullo local, de arraigamento e de coñecemento compartido, así como un punto de encontro interxeracional»

Para esta terceira e renovada edición, elixíronse 7 verbenas ao longo de toda a xeografía galega, entre máis de 200 solicitudes: as Festas de San Xoan, en San Xoan de Río, Ourense (22 de xuño), as Festas de San Pedro, de Burgueira, Oia, Pontevedra, (28 de xuño),  San Pedro da Ribeira, Saldoira, A Pontenova, Lugo (29 de xuño), Festas do Carme, festa da xuventude, en Barra de Miño, Ourense (19 de xullo) Verbena Estival, en Vilanova, Vilaverde, Modreiro, As Teixoeiras, Busnullán e Amorne, no Cebreiro, Lugo (17 de agosto) , Festa dos Remedios en Santa María de Feá, Toén, Ourense (7 de setembro) e Festa de Santa María da Cabeza, en Fruime, Lousame, Noia, A Coruña, (14 de setembro).

Para a selección destas celebracións, do mesmo xeito que nos anos anteriores, tívose en conta o valor que a verbena achega á comunidade e a xustificación da falta de recursos e apoios que lle levaba a risco de desaparecer. Ademais, tentouse que estean representadas pequenas localidades de todas as provincias galegas.

Esta nova edición da Nosa Verbena é un paso máis que demostra o compromiso de Estrella Galicia coa súa orixe, un dos catro piares que sustentan a Estratexia de Impacto Positivo de Hijos de Rivera. Con este ambicioso plan, que reúne ademais o traballo conxunto cos seus aliados para a protección e o coidado do planeta e as persoas, a compañía subliña a súa natureza inconformista para seguir buscando novas solucións e alianzas que permitan tecer redes que xeren un impacto positivo cada vez maior.

«NOSA VERBENA», DE ORTIGA

Ortiga volve á cumbia (un dos ritmos de referencia da verbena) e ao seu son máis primitivo e midi, xa que esta vez abandona os ventos da Orquestra Los Satélites para atoparse coas sonoridades máis propias das producións de finais dos 90 e principios dos 2000, onde este tipo de música era feita por un número reducido de persoas con módulos de sons electrónicos e instrumentos dixitais.

Respecto a a letra, conta cun vello coñecido: Cibrán García (Boyanka Kostova), experto en facer descricións certeiras da idiosincrasia galega e debuxar imaxes icónicas da cultura como xa nos ten afeitos con «Muinheira de Interior»; «OG»; «Leiraz», «Italofeira» e un longo etcétera.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

culturaestrella galiciamusicaocioortigaradio lider santiagoveranverbena
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”
Actualidad

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo
Actualidad

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González