ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Volve o Encontro Intercultural o sábado 7 de xuño na praza da Maía, en Bertamiráns

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, destaca que “durante esta xornada pódese compartir e intercambiar experiencias con persoas de diferentes nacionalidades que van preparar pratos típicos dos seus países de procedencia. Trátase dunha xornada de intercambio cultural con esas persoas que xa son de Ames, pero proceden doutros países. Ademais teremos actividades infantís e actuacións musicais. Convido á veciñanza a compartir con nós unha xornada diferente e moi rica a nivel cultural”.

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de junio de 2025 a las 19:11

Compartir

O técnico de mediación intercultural, Leonardo Pena, explicou “toda a veciñanza que se achegue á praza da Maía, en Bertamiráns, poderá degustar produtos típicos de múltiples culturas. É unha actividade na que os protagonistas son os veciños e veciñas de Ames que proceden de países como Venezuela, Perú, Colombia, Guinea Ecuatorial, Cabo Verde, etc. Temos no concello persoas de máis de 60 nacionalidades convivindo con nós, ás que queremos dar visibilidade”.

Ames, 2 de xuño de 2025.- O vindeiro sábado, 7 de xuño, a partir das 14.00 horas, celébrase en Ames un novo Encontro Intercultural na praza da Maía, en Bertamiráns. Ademais da degustación de pratos típicos de diferentes nacionalidades, os asistentes poderán desfrutar de diferentes actuacións musicais a cargo dos integrantes da Asociación de Peruanos de Santiago e do grupo Batuko Tabanka. A xornada está organizada polo Concello de Ames e conta coa colaboración da  Asociación de Peruanos de Santiago e da Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI).

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ames invita á toda a veciñanza a asistir a un novo Encontro Intercultural o vindeiro sábado, 7 de xuño, dende as 14.00 horas. Os que así o fagan, poderán degustar pratos típicos de diferentes nacionalidades realizados por veciños e veciñas de Ames, procedentes de diferentes países como Venezuela, Perú, Colombia, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Marrocos, Siria, Exipto, Cabo Verde, entre outros.

Durante a xornada tamén haberá actividades infantís para os nenos e nenas e actuacións musicais a cargo dos integrantes da Asociación de Peruanos de Santiago e do grupo Batuko Tabanka, que foi creado no ano 2000 en Burela, e está formado por catorce mulleres caboverdianas residentes en dita localidade.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, destaca que “o Encontro Intercultural vai a ter lugar este vindeiro sábado, 7 de xuño, na praza da Maía, en Bertamiráns. Durante esta xornada pódese compartir e intercambiar experiencias con persoas de diferentes nacionalidades que van preparar pratos típicos dos seus países de procedencia. Trátase dunha xornada de intercambio cultural con esas persoas que xa son de Ames, pero proceden doutros países. Ademais teremos actividades infantís e actuacións musicais. Convido á veciñanza a compartir con nós unha xornada diferente e moi rica a nivel cultural”.

O técnico de mediación intercultural, Leonardo Pena, explicou “nesta xornada pedímoslle a veciños e veciñas de Ames que proceden de diversos países fagan unha pequena mostra-degustación dos pratos típicos dos seus países. Deste xeito, toda a veciñanza que se achegue á praza da Maía, en Bertamiráns, poderá degustar produtos típicos de múltiples culturas. É unha actividade na que os protagonistas son os veciños e veciñas de Ames que proceden de países como Venezuela, Perú, Colombia, Guinea Ecuatorial, Cabo Verde, etc. Temos no concello persoas de máis de 60 nacionalidades convivindo con nós, ás que queremos dar visibilidade”.

A través desta xornada o que se pretende é darlle voz e protagonismo a todas esas persoas que proceden de diferentes países do mundo, que xa son veciños e veciñas de Ames, polo tanto galegos e galegas, pero seguen mantendo a súa cultura e tradicións de orixe, o que supón unha grande riqueza para todo os amesáns e amesás.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para ditas persoas é unha grande oportunidade esta xornada, porque é unha forma de darse a ver e segundo di o técnico de mediación intercultural, Leonardo Pena; “é unha oportunidade para saber que as persoas migrantes non son simplemente persoas que buscan aquí traballo e unha vida mellor. Son seres humanos, igual que nós, e polo tanto necesitan sentirse valorados, queridos e aceptados. Creo que coa realización desta xornada, despois da experiencia acadada tras varias edicións, o obxectivo principal que se consegue é que todas estas persoas que cociñan de forma voluntaria e gratuíta se sentan ben,  protagonistas, valoradas e se sentan veciños e veciñas de Ames”.

Etiquetas

amesbertamiransEncontro Intercultural
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación