ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaDeportes

Volve o desfile-concurso de Entroido a Santiago con importantes premios

 

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de enero de 2024 a las 20:06

Compartir

 

 

25/01/2024.- O Concello premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela que participen no desfile de Entroido do vindeiro 13 de febreiro. O prazo de inscrición ao concurso abrirase nos vindeiros días.

Unha vez aberto o prazo, tras a publicación das bases no BOP, as persoas interesadas deberán presentar a súa inscrición ata o 5 de febreiro a través da sede electrónica do Concello de Santiago ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Para as carrozas haberá tres premios de 2.500, 1.500 e 1.000 euros. No caso das comparsas, que estarán compostas por un mínimo de 15 persoas, entregaranse premios de 2.000, 1.500 e 1.000 euros. Na categoría de grupos, formados por entre 3 e 14 persoas, hai tamén tres premios, de 700, 400 e 200 euros.

Ademais, entregarase un premio de 300 euros á mellor parella; e tres premios aos mellores disfraces individuais, de 300, 200 e 100 euros. Por último, recoñeceranse as mellores comparsas procedentes das parroquias e barrios de Santiago, con tres premios de 1.200, 600 e 400 euros.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O desfile terá lugar o martes 13 de febreiro con saída ás 17.30 h da avenida de Ferrol e percorrerá as rúas Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra para rematar na avenida de Xoan Carlos I. A entrega de premios terá lugar na Sala Capitol, na rúa Concepción Arenal.

Etiquetas

entroidosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Máis de 200 persoas participan no Desfile de Entroido do Pino, seguido por numeroso público
Comarca

Máis de 200 persoas participan no Desfile de Entroido do Pino, seguido por numeroso público