ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoPolítica

VIDEO | Unhas 5.000 persoas participan na tradicional Romaría do PP en O Pino

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de junio de 2024 a las 21:37

Compartir
  • “Non pode haber escusas, nin pereza, nin conformismo. Temos que demostrar o mesmo esforzo, as mesmas ganas e o mesmo impulso de sempre”, insiste o presidente
  • Asegura que a presenza de Ursula Von der Leyen demostra non só que “Galicia se ten cada vez máis en conta” e que o partido “está máis forte que nunca”, senón tamén que “a nosa terra é o final de todos os camiños”

1 de xuño de 2024. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, incidiu hoxe no moito que significa Europa para Galicia e, apelando á vitoria acadada nas autonómicas, animou aos seus a facer posible un novo éxito electoral o próximo 9 de xuño: “Toca defender Galicia máis que nunca e demostraremos que sabemos facelo”.

A unha semana das eleccións ao Parlamento Europeo, insistiu en que é o momento de “pisar o acelerador” e mobilizarse como nunca. “Non pode haber escusas, nin pereza, nin conformismo. Temos que demostrar o mesmo esforzo, as mesmas ganas e o mesmo impulso de sempre”, subliñou.

Ante a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, o líder dos populares galegos incidiu na importancia de Galicia para Europa e remarcou que o PPdeG non vai fallar: “Farémosvos sentir orgullosos dándolle ao Partido Popular Europeo e a Alberto Núñez Feijóo unha vitoria como a do pasado 18 de febreiro”.

Referíndose precisamente á asistencia de Von der Leyen á tradicional Romaría Popular do Pino, Rueda amosouse convencido de que, coa súa presenza aquí, demostra non só que “Galicia se ten cada vez máis en conta” e que o partido “está máis forte que nunca”, senón tamén que “a nosa terra é o final de todos os camiños”.

“Para parar aos que queren illar Galicia e aos que aínda a estas alturas seguen falando de cousas como a autoderminación dos pobos, temos que activarnos como nunca. Europa, España e Galicia meréceno”, concluíu dirixíndose ás case 5.000 persoas que este mediodía encheron a Área Recreativa da Magdalena do concello coruñés do Pino.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Un concello que volveu ser hoxe punto de encontro para a gran familia do Partido Popular e no que se deron cita –ademais de Rueda, Von der Leyen e Feijóo– os candidatos Dolors Montserrat, Esteban González Pons, Francisco Millán Mon, Adrián Vázquez e Pablo Gómez Cedrón; así como a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo.

Etiquetas

o pinoppradio lider santiagoromaria
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”