ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEconomíaNoticia Líder

Viaqua pasa a chamarse Veolia: cambio de marca para reforzar a aposta ambiental e tecnolóxica en Galicia

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de diciembre de 2025 a las 20:43

Compartir
  • Nicolás Esmorís asegura que a nova denominación non supón cambios nin nas tarifas nin nos contratos e destaca o músculo dun grupo líder mundial en auga, enerxía e residuos

Viaqua inicia unha nova etapa baixo a marca Veolia, un cambio que, segundo explicou o seu director executivo en Galicia, Nicolás Esmorís, “é exclusivamente de marca e non societario”. Así o confirmou nunha entrevista en Radio Líder Santiago, na que insistiu en que “a sociedade segue sendo a mesma, o persoal é o mesmo e os contratos cos concellos non cambian en absoluto”. O proceso será progresivo e ordenado, de xeito que durante un tempo convivirán ambas denominacións ata que quede implantada definitivamente a nova identidade corporativa.

Esmorís subliñou que o cambio responde a unha estratexia global: integrar plenamente a actividade en Galicia dentro dun grupo multinacional con máis de 220.000 empregados en todo o mundo, líder nos ámbitos da auga, a enerxía e os residuos. “Veolia permítenos ser máis competitivos e afrontar proxectos de gran calado en descontaminación, descarbonización e innovación tecnolóxica”, explicou, engadindo que esta integración permitirá ofrecer “solucións globais aos concellos, mellorando servizos e reducindo custos”.

Sen impacto nas tarifas nin nos recibos dos usuarios

Unha das mensaxes máis claras da entrevista foi a tranquilidade trasladada á cidadanía. “Absolutamente nada cambia para os usuarios”, afirmou con rotundidade Esmorís ao ser preguntado polo posible impacto económico do cambio. As tarifas, lembrou, “están reguladas polos concellos e polos contratos en vigor, con actualizacións vinculadas ao IPC”, polo que a nova marca “non supón ningún incremento de custo”.

Durante o período transitorio, os recibos da auga e as comunicacións aos usuarios incluirán referencias a Viaqua e Veolia, ata que se complete a substitución total de imaxe en oficinas, vehículos e documentación corporativa, un proceso que se prevé culminar ao longo do vindeiro ano.

A débeda do Concello de Santiago, un conflito aberto

Na entrevista tamén houbo espazo para abordar un dos asuntos máis delicados da actualidade local: a débeda do Concello de Santiago coa concesionaria do ciclo da auga. Esmorís cifrou en uns 700.000 euros o conflito derivado do chamado premio de cobranza do lixo, e entre 9 e 15 millóns de euros a débeda acumulada polo servizo da auga desde 2020.

“O servizo prestouse, executouse e segue prestándose, pero non se está cobrando”, lamentou, advertindo de que esta situación xera unha forte tensión de tesouraría. “Se non fóramos parte dun grupo como Veolia, calquera outra empresa estaría nunha situación moi complicada, incluso cunha suspensión de pagos”, asegurou. O directivo apelou ao “sentido común” e mostrouse disposto a explicar a situación a todos os grupos políticos para acadar unha solución negociada e evitar custes adicionais en xuros que, advertiu, “acabarían pagando os veciños”.

Crecemento, investimentos e compromiso social

Máis alá dos conflitos puntuais, Esmorís fixo un balance moi positivo da evolución da compañía en Galicia. Tras anos marcados polo incremento dos custos enerxéticos, Veolia Auga Galicia prevé pechar 2025 con crecementos de dous díxitos, destacando investimentos estratéxicos como os proxectos PERTE da auga en Ourense, cun volume próximo aos 20 millóns de euros, así como novas infraestruturas de depuración en concellos como Ribeira, O Pino, Arzúa ou Urdilde.

O CEO tamén puxo en valor o compromiso social da empresa, especialmente a colaboración coa Fundación Andrea, pola que foi recoñecido recentemente. “Foi o recoñecemento que máis ilusión me fixo na miña vida profesional”, confesou, destacando a importancia de que as empresas asuman unha responsabilidade social activa.

Un futuro sen sobresaltos para os usuarios

De cara a 2026, Esmorís avanzou un escenario de estabilidade para a cidadanía. “Non se esperan subas significativas nas tarifas da auga, salvo en casos moi concretos de novos servizos ou infraestruturas”, indicou. O cambio de Viaqua a Veolia, resumiu, “non vén a cambiar o que se facía, senón a melloralo e aceleralo dentro dun proxecto estratéxico global de transformación ambiental”.

 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

veoliaviaqua
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago reúne a representantes institucionais e sociais nunha cata para poñer en valor a súa auga
Actualidad

Santiago reúne a representantes institucionais e sociais nunha cata para poñer en valor a súa auga

Veolia acelera su crecimiento en España y alcanza un resultado histórico de 44.396 millones en ingresos
Actualidad

Veolia acelera su crecimiento en España y alcanza un resultado histórico de 44.396 millones en ingresos

Viaqua ahora es Veolia
Actualidad

Viaqua ahora es Veolia

Viaqua alerta: “O cambio climático xa está aquí, e Galicia non está preparada”
Actualidad

Viaqua alerta: “O cambio climático xa está aquí, e Galicia non está preparada”