ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Santiago reúne a representantes institucionais e sociais nunha cata para poñer en valor a súa auga

Santiago de Compostela acolleu na xornada de hoxe unha cata de augas organizada por Veolia, que reuniu na súa sede a representantes institucionais —entre eles membros da corporación municipal— e a profesionais de distintos ámbitos da cidade, como saúde, deporte, hostalaría, cultura e tecido asociativo.

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de marzo de 2026 a las 22:46

Compartir

O encontro tivo como principal obxectivo dar a coñecer e poñer en valor as propiedades da auga compostelá, un recurso esencial que forma parte da identidade e do día a día da cidade. A través desta experiencia, as persoas asistentes tiveron a oportunidade de afondar nas características da auga, coñecer as súas particularidades e aprender a diferenciala e apreciala desde unha perspectiva máis consciente e informada.

A cata estivo dirixida por David Ribes e Diana Peleteiro, expertos en calidade da auga de Veolia, quenes guiaron ás persoas participantes nun percorrido sensorial e divulgativo arredor das características organolépticas da auga, a súa orixe, composición e os factores que inflúen na súa calidade. A actividade permitiu descubrir matices pouco coñecidos e contribuíu a reforzar a idea de que a auga da billa é un produto de calidade con identidade propia.

A iniciativa converteuse así nun punto de encontro entre diferentes sectores clave de Santiago, favorecendo o intercambio de impresións e coñecementos arredor dun elemento común que conecta ámbitos tan diversos como a saúde, o deporte ou a actividade hostaleira e comercial. Neste sentido, púxose de manifesto o potencial da auga como recurso transversal, presente tanto nos hábitos de vida saudables como na actividade económica local.

Durante a xornada, tamén se destacou a importancia de promover o coñecemento e a valoración da auga da billa como un recurso de calidade, sostible e de proximidade, así como o seu papel fundamental no benestar da cidadanía e no desenvolvemento sostible da cidade.

O director executivo de Veolia Auga en Galicia, Nicolás Esmorís, subliñou que “iniciativas como esta permiten achegar á cidadanía e aos distintos sectores profesionais o traballo que hai detrás da xestión da auga, así como poñer en valor un recurso que, aínda sendo cotián, require dun alto nivel de control e coñecemento técnico”.

Esmorís destacou tamén que “a auga de Santiago é un exemplo de calidade e garantía sanitaria, e é importante seguir avanzando na súa posta en valor, tamén desde o punto de vista da experiencia e da percepción por parte das persoas usuarias”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esta acción enmárcase nas actividades organizadas por Veolia con motivo do Día Mundial da Auga, unha data que busca sensibilizar sobre a importancia deste recurso esencial e promover a súa xestión sostible, contribuíndo a reforzar o vínculo entre a cidade e un dos seus recursos máis estratéxicos, ao tempo que fomenta unha maior conciencia sobre o seu consumo responsable.

Etiquetas

cata de augaveolia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Veolia acelera su crecimiento en España y alcanza un resultado histórico de 44.396 millones en ingresos
Actualidad

Veolia acelera su crecimiento en España y alcanza un resultado histórico de 44.396 millones en ingresos

Viaqua pasa a chamarse Veolia: cambio de marca para reforzar a aposta ambiental e tecnolóxica en Galicia
Actualidad

Viaqua pasa a chamarse Veolia: cambio de marca para reforzar a aposta ambiental e tecnolóxica en Galicia

Viaqua ahora es Veolia
Actualidad

Viaqua ahora es Veolia