ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Viaqua, ADEGA e Raxoi organizan unha xornada de limpeza do río Sarela

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de noviembre de 2024 a las 19:10

Compartir
  • Na xornada participou persoal voluntario de Viaqua, persoal de ADEGA e o concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Santiago, Xesús Domínguez. Recolléronse 20 quilos de residuos, incluíndo cabichas, toalliñas e produtos de hixiene íntima

Viaqua, empresa que xestiona o ciclo da auga en Santiago de Compostela, organizou xunto a ADEGA e o Concello de Santiago unha xornada de limpeza ambiental do río Sarela. Nesta actividade estivo presente persoal voluntario de Viaqua, ADEGA e o concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Santiago, Xesús Domínguez.

Durante a xornada, percorréronse as beiras do río Sarela para retirar todo tipo de residuos e coidar a contorna desta área fluvial compostelá. En total, recolléronse 20 quilos de residuos, incluíndo plásticos, vidros, botellas e destacando as numerosas cabichas, toalliñas e produtos de hixiene íntima recollidas, así como outros materiais que impactan negativamente no ecosistema do río e nas especies que o habitan.

O director executivo de Viaqua, Nicolás Esmorís, expresou a súa satisfacción pola participación desta xornada: “Estamos moi orgullosos do esforzo conxunto realizado hoxe. Estas accións de limpeza non só impactan positivamente na contorna, senón que reforzan a nosa misión de concienciar sobre a importancia de preservar os nosos recursos naturais. Agradecer ao Concello de Santiago, ADEGA e ao persoal de Viaqua a súa implicación e traballo. Continuaremos organizando máis xornada coma esta e invitaremos a participación cidadá”.

Desde ADEGA, a educadora ambiental, Itziar Díaz, subliñou a relevancia deste tipo de iniciativas e a implicación do tecido empresarial local, tanto polo impacto directo no medio ambiente como polo impulso que dan á concienciación social: «A boa preservación dos cursos fluviais é imprescindible para que moitos residuos non acaben nos litoriais, así que agradecemos a implicación de todo o voluntariado neste tipo de accións».

O concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Santiago, achegouse ao inicio da actividade para agradecer ao persoal voluntariado de Viaqua e ADEGA a súa implicación e calificou este tipo de iniciativas de “moi relevantes” para unha Compostela máis sustentable e “orgullosa de si”, nun concello mellor para as persoas. Ademais da limpeza do río, esta actividade serviu como un espazo de aprendizaxe e sensibilización para todos os participantes, que recibiron información sobre o impacto dos residuos nos ecosistemas fluviais e a importancia da responsabilidade ambiental.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Viaqua e ADEGA comprométense a seguir impulsando este tipo de iniciativas, que reforzan o seu compromiso coa sustentabilidade e a protección dos recursos naturais en Santiago de Compostela

Etiquetas

adegacompostelaconcello de santiagoliempezamedioambienterio sarelaviaqua
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

O Concello de Santiago cede unha parcela á Fundación Andrea para construír unha nova ‘Casita’
Actualidad

O Concello de Santiago cede unha parcela á Fundación Andrea para construír unha nova ‘Casita’

O Concello de Santiago súmase ás reivindicacións do 25N
Actualidad

O Concello de Santiago súmase ás reivindicacións do 25N

O Punto Limpo da Estrada abrirá máis horas debido a implicación veciñal co medioambiente
Comarca

O Punto Limpo da Estrada abrirá máis horas debido a implicación veciñal co medioambiente