ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O Concello de Santiago súmase ás reivindicacións do 25N

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de noviembre de 2025 a las 21:17

Compartir
O Concello de Santiago súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres hoxe, 25 de novembro, coa lectura por parte dos membros da Corporación dunha declaración institucional que reivindica as políticas públicas centradas na prevención e erradicación da violencia de xénero. O acto contou coa participación de alumnas dos institutos de Sar e Antón Fraguas.
Con motivo do 25N, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e representantes de todos os grupos municipais participaron esta mañá nun acto no Pazo de Raxoi no que se procedeu á lectura da declaración institucional aprobada de forma unánime no Pleno do Concello do pasado 30 de outubro. Goretti Sanmartín abriu o acto e a continuación os concelleiros e concelleiras Mercedes Rosón (non adscrita), Marta Abal (PSOE), Borja Rubio (PP), María Rozas (CA) e Míriam Louzao (BNG) fixeron lectura do texto que pechou a rexedora.

No acto tamén tomaron parte alumnas de 1º de Bacharelato do IES Antón Fraguas e de 3º da ESO do IES de Sar, que deron lectura a textos de rexeitamento á violencia machista nas súas diferentes formas.

Declaración institucional

Impulsada de xeito unánime pola Corporación Municipal, a declaración pon o foco nos retos que as administracións públicas teñen por diante en materia de prevención e erradicación da violencia de xénero.

A texto recolle as indicacións da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero para centrar o traballo na xente moza, así como nas accións de sensibilización e de difusión dos servizos que ofrece o Centro de Información ás Mulleres (CIM) entre menores de 25 anos e maiores de 65, as franxas de idade que menos acceden a este servizo.

“A colaboración interinstitucional ten dado froitos na prevención e axilización dos mecanismos de actuación fronte á violencia machista, mais fica moito camiño por percorrer”, afirma o texto. Neste sentido, engade que “esa coordinación só é efectiva cando vai acompañada da dotación de recursos económicos e persoais suficientes”.

Cando se cumpren 18 anos da aprobación da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, “aínda necesario desenvolver algunha das medidas”. A declaración afonda en que “é preciso garantir o acompañamento psicolóxico na atención primaria, aumentar as axudas económicas ás vítimas, adaptándoas á carestía da vida, establecer axudas periódicas para as vítimas de violencia sexual, garantir a formación do persoal que traballa na primeira liña da atención á violencia machista, establecer un plan de educación afectivo-sexual no ensino, ou o reforzo de recursos económicos e humanos nos CIM”.

Sobre a actuación do Concello para combater a violencia machista, sinálase o reforzo do persoal do CIM, a reactivación Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero e a creación de comisións de coordinación entre profesionais. Tamén o desenvolvemento de accións educativas  no eido afectivo-sexual nos centros de ensino, o Protocolo Troula Segura para a abordaxe das violencias sexuais e LGBTIfóbicas no ocio nocturno, e o V Plan de Igualdade do Concello.

Con esta declaración, a Corporación Municipal de Santiago reafirma o seu compromiso coas políticas públicas centradas na prevención e erradicación da violencia de xénero, e tende a man á colaboración con outras administracións e axentes sociais que interveñen neste ámbito.

O Concello chama a participar nas mobilizacións do movemento feminista no 25-N, o compromiso co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a reafirma a súa vontade de continuar a desenvolver campañas a prol da igualdade, o obxectivo de avanzar no VI Plan de igualdade do Concello e intención de pedir á Xunta de Galicia o incremento do orzamento destinado aos CIM para baixar as ratios e garantir o desenvolvemento de traballo preventivo e de intervención.

Campaña municipal con motivo do 25N

Baixo o lema ‘Non é un trend, é violencia dixital’, a campaña deste ano do Concello de Santiago con motivo do 25N busca que a xuventude compostelá poida identificar  e denunciar condutas violentas en liña, así como que a poboación adulta entenda estas novas expresións machistas.

A acción céntrase en redes sociais, co apoio doutras canles tradicionais, e aposta por unha mensaxe clara e directa para sensibilizar e concienciar a toda a cidadanía sobre a necesidade de erradicar as violencias machistas, centrando nesta edición a súa mensaxe na violencia dixital. Para iso, busca facer visible aquilo que a miúdo se banaliza ou normaliza no ámbito das redes: comentarios, imaxes ou condutas que perpetúan o control, a humillación e o desprezo cara ás mulleres. O obxectivo é claro: poñer nome ao que moitas veces se disfraza de humor, reto viral ou piropo, e lembrar que detrás dunha pantalla tamén pode haber violencia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os datos evidencian a necesidade de actuar con especial intensidade sobre o público mozo, pero tamén de explicar ás xeracións maiores que a linguaxe dixital pode ser un espazo onde se reproducen formas de machismo que ás veces pasan desapercibidas. Por iso, a campaña apela a todas as idades: busca que a mocidade identifique e denuncie condutas machistas en liña, e que a cidadanía adulta comprenda estas novas formas de violencia e o impacto real que teñen nas vítimas. A súa difusión realizarase en distintas canles e con contidos adaptados a cada medio para chegar a públicos diversos e fomentar unha reflexión conxunta sobre a violencia de xénero no ámbito dixital.

Etiquetas

25Nconcello de santiagoSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago