ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Verea sobre o proxecto Peleteiro: «As explicacións da alcaldesa son unha tomadura de pelo»

 

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de abril de 2024 a las 23:07

Compartir

 

 

  • Para o líder popular, a xestión da parcela Peleteiro é “un novo exemplo dun BNG desnortado e afogado no caos”. “Parece inconcibible que digan que levan meses negociando en secreto, e o resultado sexa este fiasco: corenta pisos de luxo e novos hoteis”, sinalou.
  • Verea salientou que o BNG goberna “só a golpe de titular dando banzados, así falan de que van arranxar o problema de vivenda en Santiago limitando rendas de alugueiro pero por outro lado poñen á venda todo o solo público para construtoras privadas en lugar de dedicalo a vivenda 100% social, e agora permiten ademais pisos de luxo na parcela de Peleteiro.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, calificou de «tomadura de pelo» a explicación do BNG sobre as negociacións en secreto coa Sareb.

Para Verea, a xestión da parcela Peleteiro é “un novo exemplo dun BNG desnortado e afogado no caos”. “Parece inconcibible que digan que levan meses negociando en secreto, para que o resultado sexa este fiasco: corenta pisos de luxo e novos hoteis”, sinalou.

O líder popular insistiu en saber “que negociaron? Falaron polo menos co seus socios do PSOE desas negociacións? Son conscientes de que teñen 6 concelleiros?”. Así, lamentou que esta sexa a maneira do BNG de entender a política no século XXI, “negociar en secreto e, cando fracasa a negociación, botarlle a culpa a outros”.

Verea referiuse á política de urbanismo do BNG como “o camarote dos irmáns Marx: venden solo público a construtoras, pero piden vivenda social; prometen legalizar as vivendas de uso turístico noutra quenda de negociacións secretas desas que lles gustan tanto, pero despois, publicamente, non se atreven a facelo”. Así o popular considerou esta actuación un exemplo máis de falla de criterio e rigor á hora de xestionar a nosa cidade, “Santiago merece un executivo que se tome o seu traballo en serio e que non goberne só a golpe de titular dando banzados”. Por unha banda, destacou, “falan de que van arranxar o problema de vivenda en Santiago limitando rendas de alugueiro pero por outro poñen á venda todo o solo público para construtoras privadas en lugar de dedicalo a vivenda 100% social, e agora permiten ademais pisos de luxo na parcela de Peleteiro”.

Neste senso, sinalou o tamén deputado autonómico, “resulta chamativo que o BNG rexeitase a proposta do PSOE no anterior mandato e agora pretender negociar, exactamente, o mesmo en secreto e de maneira unilateral”. “A que está a xogar o BNG?”, preguntouse.

 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

peleteiropoliticappradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego